Relatos do Castelo de Outes, como evitar que a nosa historia caia no esquecemento
Preto de medio cento de persoas participaron esta fin de semana nun roteiro ao máxico entorno do Castelo de Outes que puña o peche ao o Concurso de Relatos do “Castelo de Outes”. Derrubada polos irmandiños no lonxano século XV e que hoxe non garda máis que os restos e ruínas do que foi a praza forte dos Mariño de Lobeira en Outes. Precisamente, o premio foi deseñado co obxectivo final de dar a coñecer e divulgar a existencia e importancia histórica do Castelo de Outes, permitindo que cada quen se relacione co lugar da maneira que o sinta, o concurso recibiu preto de 20 relatos nas diferentes categorías.
O Concurso foi organizado dende ULA – Libreía Social, un espazo que se está a converter nun epicentro local e comarcal no entanto da oferta de actividades socio – culturais e artísticas, ULA – Librería Social. Maitane, propietaria de ULA, contou coa colaboración e participación de Elixio Vieites Castro, colaborador en diferentes asociacións relacionadas coa historia e patrimonio como patrimoniogalego.net e historiadegalicia.gal; Andrés Rodríguez Sobrino, arqueólogo de profesión, que colabora activamente en proxectos vinculados coa recuperación das memorias rurais e do legado do pasado e Antonio Rodríguez García, divulgador patrimonial e creador de Tremuzo, Historia e Patrimonio.

Visitantes aos pés dos muros do Castelo de Outes / Elixio Vietes
A xornada comezaba na praza central da aldea de Outes, dende onde os asistentes iniciaban o roteiro que os levaba ata as ruínas do Castelo de Outes, lugar central das actividades do día. Xa no recinto, e despois de que os organizadores fixesen unha contextualización histórica do lugar, facendo fincapé na importancia que o Castelo tivo na conformación do actual Concello de Outes, tiña lugar a entrega de premios aos gañadores do Concurso nas diferentes categorías.
Na categoría Infantil (de 6 a 12 anos) o relato gañador foi O Misterio do Castelo, de Claudia Mouriño Romarís, premiado con un vale de compra de 25 € para gastar na ULA – Librería Social. Pola súa banda, na categoría de Maiores de 18 anos resultaba premiado o relato Lume arcaico no verde das rochas, de María Arcos Cebreiro, que recibiu un vale de 50 €.
A xornada destacou polo bo ambiente e o interese que os asistentes e participantes no Concurso mostraron pola historia e realidade actual do Castelo de Outes por todos os asistentes e participantes no Concurso

