Unha moeda púnica coa cara da deusa Tanit

Queres saber como será a primeira moeda castrexa que acuñarán para o Arde Lucus?

O Arde Lucus contará na edición deste ano coa primeira reprodución dunha moeda castrexa. Trátase dunha peza que está rexistrada no Museo Arqueolóxico Nacional e é totalmente celtibérica, con data do século II e III antes de Cristo, momento no que se produciron as Guerras Púnicas e houbo unha grande acuñación de moedas, pola necesidade de pagar os mercenarios e o avituallamento do exército de Anibal.

Trátase dun sequel prateado, que no seu anverso ten a deusa Tanit, moi significativa na mitoloxía dos cartaxineses, con connotacións bélicas e guerreiras. No reverso da moeda ten un cabalo, que é un símbolo de poder, unha estrela de oito puntas e un tríscele, que son elementos representativos da cultura celta.

Mercenarios Galaicos vai poñer a venda unha tirada de 5.000 moedas, que se poderán adquirir en distintos comercios da cidade por un prezo de dous euros. Para calquera outra información poden dirixirse á asociación a través do enderezo electrónico [email protected]

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: