fbpx

A descoñecida illa de Tambo amosa os seus segredos

Tempo de lectura: 2 min.

A capela de San Miguel, do s. XIII, as ruínas do lazareto do s. XIX son só algúns dos elementos patrimoniais que se atopan na illa do Tambo, que apenas chega ás 28 hectáreas. Ubicada na Ría de Pontevedra, entre Marín e Poio, o lugar garda centos de anos de historia, ligada nos últimos anos ao uso castrense. Foi no 2002 cando se desmilitarizou a illa e pasou a ser propiedade do Concello de Poio, aínda que a administración segue a cargo do exército.

Agora, como recollen en La Voz de Galicia, preténdese poñer en valor a riqueza dos recursos da illa, a través dun plan estratéxico que axuden na xestión do turismo. É no 2018 dende cando a illa admite visitas, principalmente durante a época estival. Porén, o turismo na illa está regulado, permitindo acceso previa autorización a través da súa páxina web. Pola súa banda, tamén se están levando a cabo os trámites para declarar a illa como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), como recolle o xornal El Diario de Pontevedra.

A historia da Illa do Tambo pode percorrerse a través dos anos, pertencendo as primeiras referencias á Idade de Ferro, momento no que se vincula a illa cun Castro. Diferentes achados no poboado castrexo, como un sarcófago, un muíño de man ou un núcleo de Sílex evidencian a existencia de habitantes no lugar dende fai séculos. Un lazareto para as persoas que chegaban en barco, por se se atopaban enfermas ou un almacén de pólvora son só algunhas das cousas que se poden ver en Tambo.

Co paso dos anos, as funcionalidades da illa foron mudando, ata que na historia máis recente se vincula con fins máis militares. O exemplo é o desenvolvemento de actividades de adestramento da Escola Naval, que se iniciarán a principios do mes de setembro. Segundo recolle La Voz de Galicia, a secretaria de Estado de Defensa, Amparo Valcarce, recalcoua posibilidade de que as actividades civís e militares convivan .

A presencia de persoas na illa destaca a partir do s. VI cando se funda unha eremita que atraía persoas e institucións. Aínda que a día de hoxe non queden vestixios do seu pasado, si se ergue no mesmo lugar o mosteiro beneditino a Santa María de Gracia. Foi a partir do s. XIII cando o lugar foi famoso pola vida de diferentes ermitáns levaban a cabo no lugar.

Co paso dos anos, as funcionalidades da illa foron mudando, ata que na historia máis recente se vincula con fins máis militares. O exemplo é o desenvolvemento de actividades de adestramento da Escola Naval, que se iniciarán a principios do mes de setembro. Segundo recolle La Voz de Galicia, a secretaria de Estado de Defensa, Amparo Valcarce, recalcoua posibilidade de que as actividades civís e militares convivan. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...