fbpx

Unha posible factoría de salgadura romana é o novo xacemento que se esconde na illa de Sálvora

Tempo de lectura: < 1 min.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas suma un novo xacemento arqueolóxico, neste caso na illa de Sálvora, onde unha escavación arqueolóxica descubriu o que, segundo os primeiros indicios, podería ser unha factoría de salgadura.

A escavación, realizada polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, comezou cunha sondaxe valorativa nunha duna, o que permitiu descubrir unha estrutura da época romana.

A escavación permitiu localizar un muro de contención, ademais dun vertedoiro con fragmentos cerámicos, ósos de animais e cunchas, entre outros utensilios. Tamén destaca o achado dun morteiro hidráulico habitual nas fábricas romanas, un utensilio atopado noutros xacementos do Grove, Vigo, Ons e A Illa. Agora, será o laboratorio do grupo de traballo da UVigo, con base no campus de Ourense, quen analice o material descuberto.

Os resultados de ditas investigacións servirán para coñecer a cronoloxía do xacemento e os hábitos das persoas que viviron na illa de Sálvora entre o s. I e o IV despois de Cristo. Máis información en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...