fbpx

Derruban parte dos pendellos centenarios de San Claudio, en Ortigueira

Tempo de lectura: < 1 min.

O estado no que se atopan os pendellos da feira de San Claudio alerta a veciños e asociacións, pois parte da estrutura destas antigas casetas apareceron derrubadas. Así o denuncian dende a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal), que critica a falta de protección deste elemento do patrimonio histórico e cultural.

Dende o s. XV ata o 1989 San Claudio acolleu unha feira que cada terceiro domingo do mes traía a vila gando, para o seu comercio. Ademais, trátase da “primeira e máis destacada feira de toda a redonda creada pola Real Cédula de Henrique de Trastámara en 1405”. Porén, a importancia do lugar e das casetas, propiedade privada dende o s.XIX, non foi suficiente para previr o seu deterioro.

Recordan, ademais, como en pasada ocasións xa se advertira da conservación dos pendellos, e xa se lle deu “traslado á Xunta e ao concello para a súa protección e posta en valor antes que se veñan abaixo”, como recolle Praza.  Pola súa banda, dende o Concello aseguran que non poden intervir. “Non me agrada que se tiren, o dono ao mellor tomou a decisión por cuestións de seguridade, pero foi desacertado, hai outras medidas para protexer a estrutura ou valala”, afirmaba o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras. “Espero que sexa algo provisional… o seu sería restauralas e poñelas en valor”, engadía. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...