fbpx
Fragmento mandibular de 'Garba', o exemplar máis antigo da especie 'Homo erectus' | Fonte: UVigo

A mandíbula que cambia parte da historia do home

Tempo de lectura: < 1 min.

A historia da evolución humana non é un esquema pechado. Todo o que hoxe cremos saber e coñecer sobre os nosos antepasados pode verse desmontado nun segundo cun novo achado por parte de calquera dos centos de grupos de investigación arqueolóxica distribuídos por todo o mundo na procura das nosas raíces. Australopithecus, Homo habilis, Homo erectus, Homo neanderthalensis e Homo Sapiens… Iso é o que temos interiorizado, pero, non é de todo certo, pois cada vez hai máis descubrimentos que sitúan a moitos destes homínidos como coetáneos no tempo. como adoita dicirse en ciencia: o que sabemos hoxe non ten por que ser o certo, mañá pode desmontarse.

No caso da evolución humana, isto é algo que Eduardo Méndez Quintas (Universidade de Vigo) sabe moi ben, pois xunta a un equipo internacional que codirixiu con Marguerita Mussi (Universidade La Sapienza de Roma) fixo un deses descubrimentos que cambian a historia: o Homo erectus máis antigo non data de fai 1,8 millóns de anos, senón que pode superar os 2 millóns. Un fragmento mandibular dun individuo infantil de entre dous e tres anos de idade (nunha época na que estas especies non superaban moito máis aló os 30 anos), ao que denominaron Garba, así o demostra. E a súa datación non só adianta a aparición do Homo erectus, senón tamén a da tecnoloxía achelense que este empregaba. A investigación foi publicada o xoves na revista Science.

Comezando polo principio, que é o Homo erectus como tal? É dicir, cales son as súas características? “Dentro da árbore da evolución o Homo erectus é das primeiras formas humanas que xa levan apelido, anteriormente están os Australopithecus e algúns parentes intermedios chamados Paranthropus, pero Homo erectus é a primeira forma relacionada estritamente con nós na liña evolutiva, cunhas características moi semellantes“, explica Méndez. Máis sobre a súas descuberta nesta reportaxe de Galicia Confidencial.

Pode que che interese...