Hai teorías que apuntan a que os celtas xurdiron en África /canariastv

Os celtas viñeron de África?

 Este artículo foi remitido por Marcos Castro Vilas,  arquitecto, historiador e investigador

 

Se entendemos por celtas aos habitantes das partes máis occidentais de Europa, entón, o fundamental do substrato celta procede do norte de África e non do norte de Europa.

Segundo o narrador latino Rufo Festo Avieno, os celtas ocupaban as marxes atlánticas europeas dende as columnas de Hércules cara o norte. Para os romanos, os celtas eran os habitantes máis aló dos Alpes, os chamados galos, diferenciándoos claramente do mundo mediterráneo. Na actualidade enténdense por celtas as culturas centroeuropeas de Hallstatt e de La Tène, e aínda que hai unha forte compoñente centroeuropea na cultura celta, sobre todo a nivel lingüístico, os celtas eran os africanos do continente europeo.

Por volta do ano 6.000 a.C a desecación do Sáhara provocou unha forte migración cara ó norte de Europa de persoas procedentes do norte de África, especialmente ao longo da costa, dende Portugal ata Escocia. Estas xentes norteafricanas eran portadoras de xenes, casas, vacas e unha novidosa cultura.

Por exemplo, eran portadoras do haplogrupo M81 de orixe norteafricana e que alcanza as máximas frecuencias na metade occidental da península ibérica, sobre todo, en Portugal, Galicia, Extremadura ou León. Tamén está moi presente nos pasiegos cántabros (40%), e non ten nada que ver con repoboacións posteriores de moriscos trala Reconquista.

Posible distribución da poboación do norte de África / Europedia

 “Black irish phenotype”

Este aporte xenético norteafricano chegou ata Irlanda, Gales e Inglaterra. Son os chamados “black irish phenotype”, individuos de cabelos escuros, negro azulado, como poden ser o cantante Brian Kennedy, o actor Pierce Brosnan, as actrices Catherine Zeta-Jones e Courteney Cox, o actor Peter Gallagher, a cantante Dolores O’Riordan, Andrea Corrs ou o político americano de orixe irlandesa Paul Ryan.

Se tivésemos que definir un modelo racial galaico sería un individuo rubio, de ollos claros e xenes norteafricanos, froito do choque de Europa e África en terras galegas. A partir de aquí tódalas variantes posibles, dende individuos moi mouros de cabelos negros e azulados ata individuos rubios de clara influencia do norte de Europa.

As vivendas dos celtas occidentais eran redondas, de manifesta influencia africana, frente as vivendas dos celtas de Centroeuropa, que eran de forma rectangular, propias da cultura Hallstatt e La Tène.

A raíz KEL é unha raíz moi antiga que significa xirar, tornar ou redondo (palabras como colar ou colo teñen esta orixe). De aí vén a palabra Keltoi, aqueles que habitaban o ocaso, o occidente de Europa e construían as súas casas de maneira circular, frente as formas rectangulares dos celtas da Centroeuropa.

Estes pobos do norte de África tamén trouxeron a agricultura e a gandería. Con eles comezarían as prácticas neolíticas. E con eles chegaron as vacas.

 Vacas diferentes

Ao igual que ocorre coas persoas, dentro do mundo bovino podemos distinguir vacas de orixe norteafricana (haplogrupo T1a), sobre todo ó longo das costas occidentais de Europa, como poden ser a raza maronesa en Portugal, a raza cachena en Galicia, a raza jersey en Francia, a raza white en Inglaterra ou a raza highlands en Escocia. Eran vacas de menor porte e capa de cor rubia. Pola contra, as vacas da Centroeuropa eran portadoras do haplogrupo T3, eran vacas de maior tamaño e capa negra ou escura como por exemplo as frisonas alemás na actualidade.

Os pobos do norte de África eran portadores dunha importante cultura. Atesouraban avanzados coñecementos cosmográficos procedentes da actual Mauritania. Sabían da existencia de terras máis aló do océano Atlántico, preto de Senegal, e seduciron á poboación local coa inmortalidade no máis alá. A construción de dolmens e megalitos simbolizan estes coñecementos cosmográficos e relixiosos. De feito, moitos dolmens chámanse na actualidade “casas de mouros”.

Os petroglifos en forma de labirinto tamén teñén unha orixe oriental-africana. Son coils e representan as cosmogonías primixenias a partir das cales se inicia o relato da creación, como un precedente da escritura. Os míticos druidas celtas son herdeiros de todo este saber esotérico.

Imaxe idealizada dos celtas

Linguas

En torno ó ano 2.000 a.C chegaron as linguas indoeuropeas a península ibérica procedentes de Europa. A existencia do substrato norteafricano axudou a diferenciar as linguas celtas occidentais. A súa sonoridade pervive na actualidade en linguas coma o portugués, o galego, o francés ou o inglés. O substrato norteafricano perdurou á chegada das linguas indoeuropeas dende Europa e configurou as linguas celtas occidentais. Sail é navegar en Reino Unido e silel é navegar en Marrocos.

Para os romanos os celtas habitaban o outro lado dos Alpes, en contraposición co mundo mediterráneo. Os celtas eran os pobos da Europa húmida, boscosa e atlántica. Hoxe en día sabemos que había celtas da cultura Hallstatt e La Tène, celtoescitas ou gálatas, claramente centroeuropeos, e por outra banda, estaban os celtas da marxe atlántica europea posuidores dun forte substrato africano que os diferenciaba dos celtas centroeuropeos. Os celtas atlánticos son os africanos do continente europeo e a súa influencia esténdese dende Portugal ata Escocia, ao longo da costa atlántica europea. Dende Senegal ata Escocia esténdese o mundo atlántico, o mundo celta.

 

Bibliografía

– López Pérez, Juan Antonio. Los celtas en la literatura griega de los siglos VI-I a.C (PDF)

– Carlos Núñez (pai) ,”Vigo metropolitano na Galicia céltica”

– Jorge Ginja, Caterina. Influencia das razas bovinas ibéricas na estrutura das populaçoes de bovinos Crioulos da América Latina. Universidade Técnica de Lisboa. Tese de doutoramento. Tabla 3.4. (PDF)

– Battles, Jan. The Irish are not celtics, say experts. The Times (2004)

– Wikipedia. Entrada “Pasiego”

– Wikipedia en inglés. Entrada “Irish people>Black Irish”

– Owlcation Portal. Blood of the Irish: What DNA tells us about the Ancestry of People in Ireland.

Mapa da primeira Edade do Bronce

NOTA aclaratoria do autor  a petición da redacción de HdG: Na actualidade se asocia o celta coa cultura Hallstatt e La Tène, unha cultura centroeuropea con influencia do Oeste de Europa pero sobre todo influenciada polo Este de Europa, os celtas da cultura Hallstatt e La Tène serían, en todo caso, os celtoescitas ou gálatas dos que falan os narradores latinos. Pero para esos mesmos narradores latinos ou gregos, os celtas serían os habitantes dos confíns da Europa occidental. Aínda que pareza explosivo mezclar cronolóxicamente dolmens, petroglifos, linguas romances etc… simplemente quero expresar que “o celta” é o resultado final de todas esas influencias e decantacións e todas teñen a súa orixe cultural en África.

Simplificando un pouco, partindo dunha poboación orixinal e homoxénea paleolítica de haplogrupo R1b semellante ós vascos que ocupaba todo o occidente de Europa e tamén de África, o principal episodio de diferenciación do occidente de Europa tivo lugar coa chegada de xentes do Norte de África durante o Neolítico, agora contaminadas con xenes mouros (haplogrupo M81). Ese é o principal substrato do occidente de Europa, onde se iniciou a diferenciación das partes occidentais de Europa. O occidente de Europa está marcado pola influencia de África, foi unha constante ó longo da historia. No xacemento do Paleolítico Medio do Cabrón en Salvaterra hai nas ferramentas atopadas unha clara influencia africana, tamén nos restos fósiles de Atapuerca hai rasgos procedentes de Centroeuropa próximos o homo Neandertal ou homo Heidelbergensis pero tamén hai rasgos africanos claramente modernos. Aínda que lle doa a racista Europa, a modernidade viña de África e entraba por Galicia. Aínda que pareza exótico falar de xenética vacuna, eses estudos de Caterina Ginja son o último en investigación xenética e o igual que as persoas, nas vacas vense rasgos norteafricanos nas costas occidentais de Europa e rasgos centroeuropeos nas vacas de Centroeuropa, vaia a redundancia. Nas linguas ocorre o mesmo e a sonoridade do portugués, do francés, do inglés ten as súas orixes nese substrato norteafricano. Aínda que son linguas romances xurdidas do latín, esas linguas explícanse en moitos casos por manter unha sonoridade autóctona herdadada das linguas célticas occidentais, que a igual que pasou co latín,asimesmo, as linguas célticas occidentais xorden por manter tamén unha sonoridade ou un substrato norteafricano trala chegada das linguas indoeuropeas. Os historiadores intentan complexizar todo con culturas e con cronoloxías estancas e compartimentadas pero á larga a Historia comprímese e é moito máis sinxela (o igual que pasa coas abellas galegas que a metade son africanas e a outra metade son europeas) en Galicia, e nas costas occidentais de Europa, tivo lugar o choque de África e de Europa. O que pasa é que a todos nos gosta dicir que os galegos somos europeos e celtas ¿europeo=celta?, e África non existe, o famoso mito do rubio europeo, pero durante o Paleolítico Final, o norte de África e Europa eran unha unidade xenéticamente falando máis ou menos homoxenea, Europa non existía como tal, era unha prologación norteña e fría do fértil, rico e moderno deserto do Sahara.

Resumindo… Que os chamados celtas da cultura Hallstatt e La Tène serían, en todo caso, celtoescitas, herdeiros das culturas de Unetice e da Cerámica cordada procedentes de Centroeuropa e as estepas pero os xenuinos celtas, os habitantes dos confíns de Occidente segundo gregos e romanos, son herdeiros das culturas Megalíticas Atlánticas, e esas culturas teñen unha orixe norteafricana e atlántica.

Co artigo simplemente pretendo cuestionar a relación entre o común de celta=Europa e establecer unha relación novidosa para o común de celta=África.

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

  • Gabriel Domínguez López

    “Aínda que lle doa a racista Europa, a modernidade viña de África e entraba por Galicia”. Queda claro o sesgo deste artigo e, en parte, explica como desde o primeiro párrafo mixtura “churras con merinas”…

    • Bradair

      O mesmo sesgo castelanista que amosa voce na súa escrita: non misturemos allos con bugallos.

      • Mike Alsua

        O mesmo sesgo? Falamos de historia, ou do parvadas?

        • Bradair

          Non lle podo esixir comprensión lectora a quen ten na súa escrita tantos erros e na súa resposta ningunha argumentación…

  • Miguel Branco

    Sobre do Sáhara, este deserto ten unha orixe de hai +- 7 millóns de anos. Ben é certo que os ciclos glaciais-interglaciais fixeron que a súa extensión variase; e que do Plioceno o Mediterráneo fose un mar pechado. O período de ciclos húmidos no deserto hai 8-6 mil si tivo un impacto nas migracións no norte de África. Mais esas migracións non está probado que foran máis masivas (ou cun impacto poboacional significativo) cara a Iberia que cara ao resto de Europa (véxase Larrasoaña et al. 2013, Coulthard et al, 2013).

    Sobre do haplogrupo E-M81, si é un haplogrupo que xorde no norte de África no Neolítico, fai 14.2 mil anos, e empregase como un marcador “Bereber”. E? Iso revela pequenas migración posteriores ao “out-of-Africa” de H. sapiens, mais a diversidade xenómica de humanos europeos segue sendo igualmente reducida. Que chegou ata Escocia? Que chegou a Extremadura e Portugal que non chegase a Andalucía? Candela Hernández et. al 2015 confirman que si houbo tres fluxos de migracións do norte de África (entre hai 12 mil e só 500 anos), máis cunha relativa importancia no sur peninsular. Que relación ten iso coa “entrada” da cultura celta “non-Hallstatt”? Do mesmo xeito que houbo esas entradas migratorias houbo múltiples movementos no continente despois da entrada dos humanos anatomicamente modernos (H. sapiens sapiens) desde hai 48 mil anos.

    “Black irish phenotype”? Mitoloxía da literatura periodística, intúo.

    Sobre dos haplogrupos T3 e T1A, a información que encontro é que se hipotetiza que a diversidade mitocondrial do gando vacún actual resulta dunha descendencia fundamentalmente de poboacións da Europa do leste e da Anatolia de hai 40-36 mil anos (+- 11 mil anos) (véxase Achilli et al. 2009, Bongiglio et al. 2010). Postúlase ademais que a transición do Neolítico non supuxo a introdución dunha liña dun ou máis lugares, senón o progreso no forraxe de gando “silvestre” coa súa domesticación (na transición do Mesolítico), sendo algo xeneralizado en Europa. Co cal as poboacións domésticas non foron importadas no Neolítico. Xa estaban presentes en Europa de forma xeneralizara e pouco proban dunha relación dunha relación cultural cunha área concreta de África (véxase Horsburgh et al. 2013, no que informa de que este haplogrupo se expandiu do norte de África ata o sur desde hai só 2 mil anos, e non antes).

    “silel” é navegar mais en cal das máis de doce linguas actuais de Marrocos? Ou en cal das linguas proto- bereberes ou árabes faladas naquel entón?

    Non comento iso por cuestións -europeístas e racistas-. O que aprecio é unha desinformación na historia evolutiva do xénero Homo e en interpretación de publicacións dalgúns campos científicos. Uns cordiais saúdos.

  • Marcos Celeiro

    Desculpe, mais isso de «Co artigo simplemente pretendo cuestionar a relación entre o común
    de celta=Europa e establecer unha relación novidosa para o común de celta=África», mais novidosa ainda seria celta=América, celta=Austrália, ou celta=Planeta Marte, mas não por ser novidosa uma cousa se torna válida.

    Perdoe a minha dureza, mas há várias cousinhas que lhe quero dizer:

    1.- Claro que os celtas vieram de África, como absolutamente todos os povos do mundo. A espécie humana nasceu nesse continente.

    2.- Haplótipo (do grego: ἁπλοῦς, haploûs, “único”) corresponde a uma combinação de um grupo de alelos de loci adjacentes, que fazem parte do mesmo cromossomo, geralmente herdados como uma unidade. Os haplótipos definem posições da sequência evolutiva dum gen, mas não características como a cor do cabelo, olhos ou pele, e cousas similares. Ou seja, indivíduos com o haplótipo Rb1 (o que caracteriza os povos célticos) podem ter cabelo loiro, ruivo, castanho, moreno,… Se fala de genética, informe-se antes, e não caia em falsos argumentos de racistas.

    3.- A denominação «celta» vem do latim «celtae», que à sua vez vem do grego « Κελτο» (keltoi), que faz referência a «os do cálice», e cálice (kalix) é tanto o recipiente como um navio. Ainda que a inexistência de máquinas para viajar no tempo impede que historiadores e linguistas tenham certezas absolutas, tudo aponta a que os gregos denominavam assim aos navegantes do Atlântico, além das colunas de Hércules. Em paralelo a essa denominação que vem do Mediterrâneo oriental, os romanos tomaram as auto-denominações desses povos dando galos, galaicos, gaélicos, gálatas, etc, ou calaicos, caledonios, calecos, etc, dado que no céltico antigo da altura havia um som a meio caminho entre K e G que é interpretado polos latinos ora como K (representado C), ora G. Esse tipo de palavras tipo Kallaikoi partem da raiz KALLA- que significa pedra, e pode traduzir-se por «os das pedras», em relação aos construtores de menires e outras construções megalíticas. Recentes avanços na Teoria do Continuidade Paleolítica tiraram muita luz neste assunto.

    4.- A palavra «mouros» nada tem a ver com «moros» nem com «pretos», senão com a palavra do céltico antigo MARWOS, que significa «mortos», «ancestrais». As lendas de mouros fazem referência a seres do além (o mundo dos mortos na mitologia céltica) e os «mouros» aparecem frequentemente em túmulos em clara referência a os ancestrais mortos, ou em covas, rios, e lugares sacros em clara referência a deidades e seres mitológicos que formam parte do mundo dos mortos sendo esses lugares portas ao além.

    5.- As vacas europeias não vieram trazidas por ninguém, vieram sozinhas polo seu próprio pé em épocas muito anteriores ao neolítico, junto com quase toda a fauna do Quaternário. Foram domesticadas mais tarde como em muitas outras partes. As raças de vacas europeias nada têm a com as vacas africanas em épocas recentes. Só tem que olhar para a «chepa» e os cornos das vacas africanas, sem necessidade de entrar em questões de evolução e genética bovina mais avançadas.

    6.- O senhor anda muito desatualizado, pois há três décadas que caiu por terra que a cultura celta deriva das culturas centro-europeias de Hallstatt e de La Tène, senão que é ao invés, essas culturas centro-europeias é a expansão cara o leste da cultura celto-atlântica. Essa hipótese deixou de ser válida há muito tempo, e desde que nos anos 90 do passado século se formulou a Teoria da Continuidade Paleolítica, todos os achádegos e descobrimentos posteriores só fazem que confirmá-la, por enquanto todos esses descobrimentos dinamitam e invalidam a teoria da etnogénese céltica em Hallstatt e de La Tène. Curiosamente a matriz da cultura céltica é o espaço do noroeste da península ibérica que vai de Sintra a Cantábria, expandindo-se ao sur e leste polas mesetas, ao norte nas Gálias e ilhas britânicas e daí ao leste. Também ao sul, e recentemente há evidências de presença céltica no que hoje é Marrocos, mas por cronologia, essa cultura veio do norte, não foi dai para o norte. E saiba o senhor que houve uma grande expansão marítima.

    7.- Avieno, ao igual que os gregos, fala da cultura celto-atlântica além das colunas de Hécules (eles chamaram Hércules a Breogão, foram conhecidas por colunas de Breogão e o altântico mesmo chegou a ser «o mar de Breogão) em oposição aos povos mediterrânicos. Os romanos denominavam celtae já aos moradores da «Gallia Cisalpina» ao sul dos alpes no norte de Itália, á «Gallia Transalpina» ou «Narborenensis» ao oeste dela, e daí por diante, ao tempo que iam descobrindo os territórios célticos na sua expansão. A zona Hallsat- La Tène para eles era o território habitado polos HELVETI, AEDUI, SEQUANI, NORI, etc que descreviam como povos celtas, não como germânicos. Os germânicos para os romanos eram todos os povos ao norte do Rin e do Danúbio, apesar de que muitos deles eram celtas.O norte de África mais ocidental, para os romanos era Cartago, até que o conquistaram e então criaram as províncias de Mauritânia Cesariense e Maurinânia Tingitana, ambas bem restritas à costa norte, sem apenas presença nos territórios Amazigh, os que apresentam maiores similitudes com a cultura céltica. Na parte da costa atlântica da Mauritânia Tingitana a presença romana foi bem escassa e a romanização inexistente. Contudo, houve outros impérios que vieram depois a essa zona, bastante destrutivos cultural e materialmente com o que havia.

    8.- Nem a dessecação do Saara se produziu no 6.000 aC nem isso foi o que produziu migrações à Europa, e menos «de Portugal a Escócia». Recomendo ao autor que procure informação sobre a Crise salina do Messiniense no Mediterrâneo e seus efeitos, e todas as mudanças climáticas e migrações de fauna (entre ela a nossa espécie) que se produziram desde então. Tente combinar tectónica de placas, clima, flora e fauna, genética, material arqueológico, língua, cultura mitológica, técnicas agrícolas, organização social, política e territorial, fontes históricas, etc, etc e verá que há uma hipótese onde tudo encaixa e outras onde nada encaixa, como por exemplo a desse artigo.

    Contudo,
    a parte que mais adorei foi esta: «Os petroglifos en forma de labirinto
    tamén teñén unha orixe oriental-africana. Son coils e representan as
    cosmogonías primixenias a partir das cales se inicia o relato da
    creación, como un precedente da escritura. Os míticos druidas celtas son herdeiros de todo este saber esotérico»

    Sem
    entrar a falar o mais mínimo do significado do labirinto e dos
    petroglifos com labirintos (há muitos tipos e muitos significados), e
    mesmo há alguns que são simples relógios solares para verificar
    solstícios e equinócios, há uma barbaridade que deixa em meros detalhes
    todas as outras questões: O RELATO DA CRIAÇÃO. Bem, devo informar ao senhor, a castrexistas, wiccanos, neodruidas, e demais pseudo historiadores esotéricos que simplesmente citem isso demonstram a profunda ignorância da cultura celta, pois nela uma das principais características é que NÃO EXISTE COSMOGÊNESE. Ou seja, o
    mundo, o universo, não foi criado, e não há deidade criadora. Tampouco
    há apocalipse, não há fim do mundo. Toda a visão do cosmos e da vida na
    cultura céltica se fundamenta em que nada se cria ou se destrói,
    simplesmente se transforma. O trisquel, os labirintos, a árvore da vida,
    os círculos e rodas do tempo, e absolutamente toda a mitologia, os
    ritos, as lendas, serve para explicar uma VISÃO CÍCLICA do tempo em
    oposição a uma VISÃO LINEAR. Falar de cosmogonias, cosmogênese
    e criação, é não entender absolutamente nada do que denominamos cultura céltica.

    • Bradair

      Resposta acaída ao rego, sí señor. Parabéns.

    • SalidaDelEuro

      A teoría da continuidade é un disparate q non se defende en ningún foro serio.

      Soamente 4 profesores italianos falan de tal cousa.

      O q vostede afirma sobre que a teoría do orixen centroeuropeo dos celtas está descartada non é certo.

      • Marcos Celeiro

        A que lhe chama você foros sérios? A «forocoches» ou «burbuja.info»? 😀

        Se quer discutir sobre teorias históricas, apresente argumentos históricos, não me venha com o «pedigree» dos autores das teorias. A propósito, ainda desde essa perspectiva, demonstra ter bem pouca informação sobre o tema, pois além dos italianos Mario Alinei (linguista e antropólogo da universidade de Utrech),
        Luigi Luca Cavalli-Sforza (linguista, antropólogo e geneticista da universidade de Stanford), Francesco Benozzo (filólogo e antropólogo da universidade de Bolónia) que são os que lhe puseram o nome à Teoria da Continuidade Paleolítica, a gente nessa linha como os arqueólogos británicos Paul Bahn e Colin Renfrew, o arqueólogo, antropólogo e linguista Marcel Otte (da universidade de Liège), o antropólogo e geneticista Henry Harpending (da universidades de Hardvard e Utah), o antropólogo e geneticista Bryan Sykes (universidade de Oxford), o linguista valenciano Xaverio Ballester (universidade de Valencia), o arqueólogo Alfredo Gonzalez Ruibal (CSIC), etc, etc.

        Deveria ler menos foros de pseudo-história.

        Também é certo que a teoria da origem centro-europeia não está totalmente descartada, há gente como você que acredita nela, mas a dia de hoje é simplesmente isso, uma crença sem fundamentos históricos nem argumentos sérios. Por isso você não achega nenhum, não seido «isto é assim porque assim mo contaram na escola».

        • SalidaDelEuro

          Pero rapaz, que perdido e desactualizado estás.

          A teoría de continuidade inda non consegiu publicar o seu primero paper en medio reconocido. Son 4 tolos. Eso e o que pensa a xente deles.

          Renfrew defende a orixe neolítica que é unha postura minoritaria pero fanse respetar sendo bastante máis serios que os da continuidade.

          Luigi anda q non ten anos e non se acumularon datos, especialmente na última década.

          Sykes está refutadísimo. Todo o seu discurso basabase en que R1b era paleolítico pero hoxe en día temos o ADN de centos de individuos do paleolítico e neolítico: nin un so de eles é R1b.

          Q perdidiño andas, rapaz.

          Non tes nin idea do estado actual da xenética de poblacións

          • Marcos Celeiro

            Ahhh, compreendo. Chegados a este ponto é quando eu lembro que minha mãe sempre me diz que não fale com desconhecidos nem com trolls e te mando ir tomar polo cu. Bye bye!

          • SalidaDelEuro

            Rapaz tes docenas de blogs moi bos nos que seguen a explosión de de resultados en xenética de poboacións en Europa facendo moi jos resúmenes e comentarios críticos.

            Mesmo en medios de ciencia xerais vaise comentando os resultados de centenares de análisis de ADN.

            Esta semana mesmo, os resultados de tumbas minoicas (non indoeuropeo), e micénico (grego).

            Os da hipótesis de continuidade non publicaron en ningúnha revista indexada revisada por pares e non teñen nin unha soa mención na avalancha de novos resultados e estudios no estoupido investigador dos últimos anos. Nin o primeiro. Rapaz, ti sabes cómo funciona a ciencia?

            Pero según ti son o novo paradigma. Estás Tolo? Teñen unha web cutre e 4 PDFs cutres colgados na red …. E CERO PUBLICACIONS CIENTÍFICAS. CERO ABSOLUTO. NIENTE, NADA,

            Deixa de facer o ridículo con magufadas.

            O celtas veñen de África?????? Si, seguro!!!!!!

            Rapaz, recolle o que te queda de cerebro e adícate a otra cousa.

            …..

            Para os que queiran enterarse de cómo está o estado do arte nestas cuestions deixolles estás conferencias do instituto Max Planck.

            Ancient Human Genomes…Present-Day Europeans – Johannes Krause.

            Mattias Jakobsson- The genomic footprints of Neolithic Europeans.

            Un bo resumen o teñen en:

            Genetic Differences of Modern Europeans | JOHANNES KRAUSE

            Ou esta conferencia de reputados lingüistas, non frikis no internet, refutando, non xa a burrada da continuidade paleolítica, senon o orixen neolítico.

            Ou estas conferencias de científicos de verdade con publicacións revisadas por pares en revistas de prestigio (e non as paridadas de catro colgadas en internet). Nestas conferencias aparecen os máis renombrados no campo a nivel mundial e non din a burradas desta entrada.

            Tracing the Indo-Europeans: http://www.youtube.com/playlist?list=PLAXoDomeFLX90fTHi0W8lYBtEoZHSBH2i

            Xxxxxxxxxxxxxxxx

            (Por favor, non fagan o ridículo de caer nestas magufadas)

          • Marcos Celeiro

            Que não, meu, que eu não lhe entro ao trapo a trolls nem a analfabetos funcionais que não compreendem o que leem. Tampouco lhes dá o cérebro para processarem o que escutam nesses vídeos.

            Todo o mundo sabe que os celtas derivam duma costela de barro que lhe sobrava a Adão… hahahahahha

            És tão idiota que mesmo deves estar a pensar que eu sou o autor deste patético artigo. O dito, vai tomar nesse sítio por onde se começam os cestos.

          • SalidaDelEuro

            Rapaz….

            Q os da continuidade paleolítica teñen CERO publicacións científicas. CERO.

            Teñen as mesmas publicacións que Rociito.

            Que non entendes? Sabes cómo vai a ciencia?

            Ou os do instituto Max Planck Ou Nature son castelanistas, tamén?

            Léete o mínimo sobre a cuestión. Por exemplo a bibliografía de:

            https://en.m.wikipedia.org/wiki/J._P._Mallory

            https://en.m.wikipedia.org/wiki/David_W._Anthony

            Pero según vostede está ncompletamente desacreditado porque os 4 toliños da continuidade colgaron un Pdf cutre na web porque ninguén quería publicar tal basura.

            Que xente máis burra!!!

          • SalidaDelEuro

            Rapaz….
            Q os da continuidade paleolítica teñen CERO publicacións científicas. CERO.
            Teñen as mesmas publicacións que Rociito.
            Que non entendes? Sabes cómo vai a ciencia e o seu sistema de revisión crítica.?
            Ou os do instituto Max Planck Ou Nature son castelanistas, tamén?
            Léete o mínimo sobre a cuestión. Por exemplo a bibliografía de:
            https://en.m.wikipedia.org/
            https://en.m.wikipedia.org/
            Pero según vostede están completamente desacreditados porque os 4 toliños da continuidade colgaron un Pdf cutre na web porque ninguén quería publicar tal basura.
            Que xente máis burra!!!
            ……
            Mesmo a cutrepedia o di en galego Ou inglés q q son 4 gatos.
            “”””””””””
            O Paradigma da Continuidade Paleolítica é um ponto de vista minoritário, uma vez que goza de pouco apoio acadêmico, resumindo, uma discussão séria limitada a um pequeno círculo de estudiosos. Não está listado por Mallory, entre as propostas para as origens das línguas indo-européias que são amplamente discutidas e consideradas credíveis no meio academico. [6]””””””
            https://gl.m.wikipedia.org/…ía_da_Continuidade_Paleolítica

        • SalidaDelEuro

          Copiote o meu comentario de máis abaixo.

          E espabila e deixate de magufadas.

          ….,……

          Para os que queiran enterarse de cómo está o estado do arte nestas cuestions deixolles estás conferencias do instituto Max Planck.

          Ancient Human Genomes…Present-Day Europeans – Johannes Krause.

          Mattias Jakobsson- The genomic footprints of Neolithic Europeans.

          https://www.youtube.com/wat

          Un bo resumen o teñen en:

          Genetic Differences of Modern Europeans | JOHANNES KRAUSE

          https://www.youtube.com/wat

          Ou esta conferencia de reputados lingüistas, non frikis no internet, refutando, non xa a burrada da continuidade paleolítica, senon o orixen neolítico.

          Ou estas conferencias de científicos de verdade con publicacións revisadas por pares en revistas de prestigio (e non as paridadas de catro colgadas en internet). Nestas conferencias aparecen os máis renombrados no campo a nivel mundial e non din a burradas desta entrada.

          Tracing the Indo-Europeans: http://www.youtube.com/play

          Xxxxxxxxxxxxxxxx

          (Por favor, non fagan o ridículo de caer nestas magufadas)

  • Marcos Celeiro

    Contudo, a publicação deste artigo é algo positivo, serve para mostrar a necessidade de divulgação dos estudos sérios e rigorosos sobre a cultura celta e para mostrar publicamente o nefasto que resulta o negacionismo e o castrexismo oficial, pois pessoas com formação universitária e boa intenção mostrando um compromisso com a nossa cultura demonstram que andam totalmente perdidos. E insisto, a culpa não é deles, senão do processo de aculturação ao que o estado espanhol e seus lacaios autonomistas submetem à Galiza.

    • SalidaDelEuro

      Estudos serios?… Pero si o que vostede di son burradas que ninguén sostén

  • perceval

    Segundo o Diccionario geográfico-histórico de la España antigua escrito por Miguel Cortés y López, pódese ler o seguinte interesantísimo texto:

    “Lo que no se entiende, ni se puede concebir es qué motivos pudo tener (Pinkerton) para exceptuar del origen escítico a solos los sármatas y celtas de la Galia, y también debió pensar lo mismo de los celtas de la España, aunque rara vez los nombra.Cuando nos paramos a pesar en la balanza de la lógica las pruebas de Pinkerton para esta rara excepción, nos admiramos de que le pareciesen tan positivas y de tanto peso. Todos los antiguos, dice pág. 166, establecen la mayor diferencia posible entre los celtas y los escitas; puesto que ellos colocan a los primeros a la extremidad occidental de Europa, y a los segundos los hacen venir de la Persia actual.”

    “Herodoto añade Pinkerton coloca a los celtas al poniente y hacia las Columnas de Hércules, y supone que los escitas estaban esparcidos al Nordeste de la Europa hasta el Océano septentrional y báltico, pág 188. Cabalmente Herodoto no habló de celtas arrimados a las Columnas. Habló de los que estaban tocando con los cynetas o cuneos; y dijo, que exceptuando estos, los celtas eran los más occidentales de la Europa; que la Céltica ocupaba desde las fuentes del Istro o Danubio hasta dichos cynetas; pero no tuvo ocasión de entrar en la cuestión si estos celtas eran indígenas a la Galia y a la Iberia, o eran gentes emigradas de la antigua Escitia, a la que no coloca Herodoto en la Persia, ni en el Caspio, sino en la orilla septentrional del Istro.”

    “Por fin, dice Pinkerton, Estrabón en el libro 1, pag 159, establece a los indios habitadores del oriente, a los ethiopes en el mediodía, a los celtas en el occidente, y a los escitas en el norte, de donde pretende sacar la consecuencia de que los celtas nunca fueron escitas”

    Resumindo os celtas de Hallstatt e La Tène son escitas ou en todo caso celto-escitas, para rematar que os auténticos e xenuinos celtas son os habitantes do occidente de Iberia, da Galia e das illas Británicas.

  • SalidaDelEuro

    Fai décadas que se sabe que o R1b non é paleolítico.

    O artigo é un disparate pero no fondo o que temos e que os galegos, e en xeral os do occidente da Iberia, somos os menos “celtas” Ou indoeuropeos da Europa occidental.

    A población galega é fundamentalmente neolítica, aka antigos granxeiros da anatolia, e cun forte componente norteafricano de más do 10%, récord na Europa.

    • perceval

      Home de Villabruna I, datación 14.000 anos, cro-magnon. Haplogrupo R1b

      • SalidaDelEuro

        Buffff

        http://bellbeakerblogger.blogspot.com.es/2016/05/villabruna-hunter-gatherer-r1b-qiaomei.html?m=1

        Poñanse ó día.

        Deixense de repetir acriticamnete as paridas da celtada, de Sykes, Openheimer, etc…. E non digamos dos psicóticos da continuidade paleolítica.

        Deixen de Facelo ridículo e avergoñar a todos.

        • Bradair

          A realidade proe, non sí? Pois rañe, rañe… 😉

          • SalidaDelEuro

            Jojojojo.

            O sospeitaba…. O burrancan cree q R1b e paleolítico e a población galega non cambiou en 40000 anos.

            Outro toliño máis.

          • Bradair

            As súas publicacións en “galego?” provocan cancro de ollos. Publique en español, prégollo, “lisensiado”, polo ben deste foro!
            Por certo, unha concesión ao humor e para que vexa que non vou de nada, faga a súa correspondente repichoca coa miña análise de mtDNA: haplogrupo V… Non son nin un triste R1b-iño!!! 😉

          • SalidaDelEuro

            Jojojojo

            Festival de humor involuntario.

  • SalidaDelEuro

    Para os que querían enterarse de cómo está o estado do arte nestas cuestions deixolles estás conferencias do instituto Max Planck.

    Ancient Human Genomes…Present-Day Europeans – Johannes Krause.

    Mattias Jakobsson- The genomic footprints of Neolithic Europeans.

    Un bo resumen o teñen en:

    Genetic Differences of Modern Europeans | JOHANNES KRAUSE

    (Por favor, non fagan o ridículo de caer nestas magufadas)

  • perceval

    Lira, Jaime. Revisión sobre la genética del origen del ganado vacuno y las aportaciones del ADN antiguo:

    “Por otro lado, el haplogrupo T1 se ha asociado a una expansión inducida a partir de un evento de domesticación. Más aún, algunos investigadores piensan que esto constituye una prueba a favor de un evento independiente de domesticación africano (TROY et alii, 2001), contra la opinión de otros que consideran que el haplogrupo T1 tendría un origen común al resto de haplogrupos de la familia T, a partir de poblaciones de uros del Creciente Fértil”

    “Aún siendo el haplogrupo T3 el grupo característico de las poblaciones de ganado doméstico europeas, en la Península Ibérica también se han detectado individuos pertenecientes al haplogrupo T1, común en las poblaciones africanas”

    “Su presencia en el sur de Portugal se había relacionado con un posible intercambio de ganado ocurrido entre el norte de África y la Península Ibérica durante la Edad Media, con motivo de la dominación musulmana en Al-Andalus. No obstante, el descubrimiento de un resto de bóvido recuperado en el yacimiento del Portalón de la sierra de Atapuerca (Burgos, España), datado por radiocarbono en 1.800 años cal. aC y asociado a este haplogrupo T1, ha permitido retrasar los intercambios de ganado vacuno a través del Estrecho de Gibraltar al menos hasta cronologías de la Edad del Bronce (ANDERUNG et alii, 2005). Este resto de bóvido con el haplogrupo T1 forma parte de un conjunto de 13 muestras recuperadas del Portalón y asociadas a la Edad del Bronce. El estudio del ADN ha permitido diferenciar individuos asociados a los haplogrupos T, T3 y P.”

    ” La hipótesis de una difusión temprana de individuos del haplogrupo T1 desde el norte de África a varias regiones del Mediterráneo europeo también se ha sustentado con los trabajos sobre ADN mitocondrial de individuos actuales (BEJAPEREIRA et alii, 2006).”

    “En un estudio sobre la distribución del haplogrupo T1 en poblaciones modernas del norte de África y del sur de Europa, el haplogrupo T1 en los individuos africanos apareció distribuido en 63 haplotipos, mientras que en los individuos europeos apareció distribuido en 11 haplotipos. Sorprendentemente los ejemplares europeos y norteafricanos compartieron únicamente 2 haplotipos. De este modo, la presencia actual en el sur de Europa de 9 haplotipos del haplogrupo T1 que están ausentes en poblaciones norteafricanas, se ha relacionado con flujos génicos entre ambas orillas del Mediterráneo que pudieron tener lugar incluso antes de la expansión musulmana por el norte de África (BEJA-PEREIRA et alii, 2006)”

  • perceval

    Que curiosidade; o fenotipo do Home da Braña 1 en León, fechado no 5.000 a.C, reproduce os parámetros dos “Black Irish Phenotype”, misturando rasgos claramente europeos (ollos azuis) con rasgos claramente africanos (cabelo oscuro e pel moi morena). Eses rasgos todavía perviven en Irlanda e en Galicia na actualidade.

    Carlos Lalueza-Fox. Julio Manuel Vidal Encinas. Los Hombres Mesolíticos de La Braña-Arintero: Aportaciones del estudio del genoma en el contexto de la transición Mesolítico-Neolítico:

    “Ampliamos la lista a otros genes de pigmentación que intervienen en el cabello y de forma minoritaria en la piel y descubrimos que este individuo mesolítico seguía presentando en varios de ellos (MC1R, TYR y KITLG) las variantes africanas.Con toda probabilidad, y en contra de lo que se creía hasta el momento, la pigmentación clara todavía no existía o no se había generalizado en el mesolítico.
    Las sorpresas no habían terminado ahí: descubrimos que al mismo tiempo La Braña poseía las variantes genéticas en los genes HERC2/OCA2 que en los humanos actuales producen los ojos azules. Es decir, nuestro individuo tenía la piel oscura y los ojos azules, en un contexto genético que por otra parte era inequívocamente europeo (en rigor, más cercano a los norte-europeos que a cualquier otra población actual). No es posible saber el grado exacto del tono de la piel; claramente tenía que ser más oscuro que los europeos actuales pero probablemente no tan oscuro como los africanos subsaharianos. En todo caso, se trata de un fenotipo que ya no existe en las poblaciones europeas actuales y que solo se observa en individuos actuales que tienen una ancestralidad muy compleja y diversa y que incluye antepasados africanos y europeos.”

    • SalidaDelEuro

      Jajajajaja.

      Outro toliño.

      Non home, non os mismos autores explican q están más relacionados coa xente noreuropean q teñen a maior compoñente paleolítico.

      Q obsesión con Irlanda e os celtas e a burrada dos Black irish

      Ay, cómo están as cabezas.

  • perceval

    Lira, Jaime. Revisión sobre la genética del origen del ganado vacuno y las aportaciones del ADN antiguo:

    “Por otro lado, el haplogrupo T1 se ha asociado a una expansión inducida a
    partir de un evento de domesticación. Más aún, algunos investigadores
    piensan que esto constituye una prueba a favor de un evento
    independiente de domesticación africano (TROY et alii, 2001), contra la
    opinión de otros que consideran que el haplogrupo T1 tendría un origen
    común al resto de haplogrupos de la familia T, a partir de poblaciones
    de uros del Creciente Fértil”

    “Aún siendo el haplogrupo T3 el grupo característico de las poblaciones de ganado doméstico europeas, en la Península Ibérica también se han detectado individuos pertenecientes al haplogrupo T1, común en las poblaciones africanas”

    “Su presencia en el sur de Portugal se había relacionado con un posible
    intercambio de ganado ocurrido entre el norte de África y la Península
    Ibérica durante la Edad Media, con motivo de la dominación musulmana en
    Al-Andalus. No obstante, el descubrimiento de un resto de bóvido
    recuperado en el yacimiento del Portalón de la sierra de Atapuerca
    (Burgos, España), datado por radiocarbono en 1.800 años cal. aC y
    asociado a este haplogrupo T1, ha permitido retrasar los intercambios de
    ganado vacuno a través del Estrecho de Gibraltar al menos hasta
    cronologías de la Edad del Bronce (ANDERUNG et alii, 2005). Este resto
    de bóvido con el haplogrupo T1 forma parte de un conjunto de 13 muestras
    recuperadas del Portalón y asociadas a la Edad del Bronce. El estudio
    del ADN ha permitido diferenciar individuos asociados a los haplogrupos
    T, T3 y P.”

    ” La hipótesis de una difusión temprana de individuos del haplogrupo T1 desde el norte de África a varias regiones del Mediterráneo europeo también se ha sustentado con los trabajos sobre ADN mitocondrial de individuos actuales (BEJAPEREIRA et alii, 2006).”

    “En un estudio sobre la distribución del haplogrupo T1 en poblaciones
    modernas del norte de África y del sur de Europa, el haplogrupo T1 en
    los individuos africanos apareció distribuido en 63 haplotipos, mientras
    que en los individuos europeos apareció distribuido en 11 haplotipos.
    Sorprendentemente los ejemplares europeos y norteafricanos compartieron
    únicamente 2 haplotipos. De este modo, la presencia actual en el sur de
    Europa de 9 haplotipos del haplogrupo T1 que están ausentes en
    poblaciones norteafricanas, se ha relacionado con flujos génicos entre
    ambas orillas del Mediterráneo que pudieron tener lugar incluso antes de
    la expansión musulmana por el norte de África (BEJA-PEREIRA et alii,
    2006)”

  • SalidaDelEuro

    O autor desta entrada sobre “a evidente” realidade de que os celtas viñeron de África, ejem….

    Pois ten tamén moitas teorías sobre, como non, se construiron as pirámides, que Colón era galego, refuta a Darwin, sostén que os homes do paleolítico e neolítico europeos e africanos repoblaron América, etc….

    https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Conversa:Cristovo_Colón

    http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg-h/un-arquitecto-defiende-colon-era-dubres-apellido-uso-localismos/idEdicion-2009-03-10/idNoticia-412022/

    http://elblogdelaslenguasamerindias.blogspot.com.es/?m=1

    http://eldemiurgodethoth.blogspot.com.es/2017/02/dmitry-belyaev-versus-charles-darwin.html?m=1

    Ten o perfil axeitado para a web!!!!

    • Bradair

      Esta web era respetable ata a súa entrada. Fale con el (co autor do artigo, co que eu non concordo en moitos outros temas) e deixe de enlear ao resto dos lectores coas súas teimas e “saberes”. Fin.

      • SalidaDelEuro

        Jojojojo

        Toda a web e un disparate de arriba a abaixo.

        Unha magufada e outra e outra e outra.

        A xente q traballa en quinto milenio saben q e unha estafa, que é puro entretenimiento.

        Vostede nin conta de eso se da.

        …. Os galegos invadiron as Illas británicas, os Black irish, burradas célticas a barrer, os celtas viñeron de Africa, semos viquingos… e suevos (e os casteláns mouros e visigodos), non se nos olvide, os romanos inda non nos ganaron que temos todo, todo, todiño celta etc,etc….

        E iso q non a mirei moito.

        Cada entrada q miro… Burrada q cae. Non falla.

        Un festival humor involuntario.

        (Nen vou falar co autor nen vou seguir con vostede máis porque esto e moi triste e un escándalo. Ata nunca)

        • Bradair

          Amén!!! Tanta paz leve como descanso deixa… 🙂

      • SalidaDelEuro

        “”””””””””

        Aún así, muchos documentos, algunos atribuidos al propio descubridor, recogen que era genovés…

        Aquí viene el quid del asunto. Él decía que era janovés porque tenía mucha retranca gallega. También su isla preferida la llamó Janahica. Él había descifrado el periplo de Hannón, un documento de viajes con gran difusión en el Renacimiento. Los primeros que llegaron a América fueron los cartagineses, y luego los janoveses de Ianua explotaron la ruta comercialmente. Era el secretísimo Callis Janus romano a partir del cual se deducía la simetría del mundo. El mundo como el cuerpo humano tenía una columna vertebral que pasaba por Roma-Cartago-Ciudad del Cabo. De ahí viene el dios Jano, el fantástico reino del preste Juan y el Crismón. También parece que en la comunión de ética y cosmografía en presencia de una paloma estuvo presente Hannón, como Juan Bautista. Ese era el secreto del Temple. Luego, las raíce

        “””””””

        Jojojojojo

  • Pingback: Estudos de ADN tamén sinalan que algúns escoceses e irlandeses teñen orixe norteafricana | Historia de Galicia()

  • perceval

    para facer un pequeno chisco a teoría da continuidade paleolítica, o haplogrupo R1b tamén veu de África

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: