fbpx
Torre da Penela / patrimoniogalego.gal

Véndese unha das principais e máis descoñecidas torres medievais da Costa da Morte

Tempo de lectura: 2 min.

Cando nos preguntan polas torres e castelos da Costa da Morte é habitual que nos lembremos do Castelo de Vimianzo ou das Torres do Allo en Baio, ambos da Deputación da Coruña, das ruínas do Castelo de San Felipe en Fisterra ou das privadas torres de Mens no concello de Malpica ou as de Cereixo na Ponte do Porto. Pero na localidade Riobó na parroquia de Silvarredonda do Concello de Cabana de Bergantiños atópase unha das torres medievais máis descoñecidas de Galicia e que dende fai décadas está en pleno estado de abandono. Trátase da Torre da Penela.

Pois a nova saíu estes días á prensa xa que os seu actual propietario, Álvaro Ozores Pedrosa, descendente dos antigos donos, decidiu finalmente sacala á venta. E non era sen tempo xa que a torre medieval, convertida en pazo no século XVII, se atopa na actualidade a piques de virse abaixo. Xa en setembro de 2009 o concello de Cabana de Bergantiños mantivera contactos co propietario coa intención de chegar a un acordo para impedir que a torre rematara por caer. Daquela o principal problema era o seu abandono e falta de uso, xa que dende facía décadas a torre era empregada sen máis como celeiro. Naquel momento as raíces das acacias que rodeaban ó torre ameazaban ademais ós seus perpiaños.

Detalle da Torre da Penela en Cabana de Bergantiños / foto Íñigo Mouzo Riobó

Un lustro máis tarde os problemas eran bastante máis graves, pois en 2015 veuse abaixo definitivamente o seu tellado póndose en grave perigo a estabilidade completa da construción. Nese estado atópase ata a actualidade. Naquel ano 2009 Álvaro Ozores Pedrosa comprometérase a visitar Cabana para chegar a un acordo co Concello. Mais aquel acordo nunca chegou e, tal e como se foi recollendo na prensa ó longo destes anos, a torre está a piques de caer. A estrutura, está cubierta de maleza e as fiestras foron tapiadas con anacos de madera, do mesmo xeito que o acceso. “O que queda en pe daquel complexo (…) corre serio risco de derrumbe, a non ser que se adopten medidas urxentes” tal e como se recollía en La Voz de Galicia en xullo do pasado ano.

Mais fai tempo que o Concello de Cabana trata de negociar a compra ó seu propietario, ou, no seu defecto, unha concesión a 30 anos. De feito o Concello propuxo unha valoración en base a criterios que teñen en Patrimonio para bens BIC, tendo en conta o seu actual estado, mais o propietario non aceptou a oferta ó considerala escasa. Mais tamén estaba sobre a mesa a posibilidade da cesión a cambio da rehabilitación da torre, mais tampouco se chegou a acordo entre as partes. Así, neste xaneiro, a pesares das ofertas do Concello ó propietario, a través do albacea da torre, o empresario laxense José Manuel Pato, decidiu sacala ó mercado libre ó considerar que a cantidade que ofrece o goberno local non é suficiente.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...