fbpx
libros / ThorstenFCC0

Un particular doa 7.000 libros ó Concello de Viana

Tempo de lectura: < 1 min.

Nemesio Barxa é un avogado natural de Ourense, fillo de mestres, nado en 1935 en Caldesiños, Viana do Bolo. Viviu seis anos no lugar ata que os seus pais se mudaron á cidade das Burgas. Mais dende aquela Nemesio sempre se sentiu ligado a Viana e o pasado 5 de xuño formalizou o seu aprecio polo concello coa doazón da súa biblioteca. Así, segundo formalizou ante notario, tras a súa morte os máis de 7.000 exemplares que o xurista acumulou ó longo da súa vida pasarán ó Concello, deixando un valioso legado non so literario senón filantrópico e de querenza por esta terra.

Barxa é avogado dende 1959 e membro fundador do Consello da Avogacía Galega e membro tamén da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Foi co fundador tamén da Agrupación Cultural Auriense, presidente da Asociación Cultural de Vigo e presidente da Irmandade de Viños Galegos. Pertenceu ó BNG sendo candidato ó Congreso dos Deputados no ano 2000 e ó Parlamento Europeo no 2004. Agora será recordado ademais como filántropo do Concello de Viana. A nova a recollía o xornal Galicia Confidencial.

Nemesio Barxa / Foto Barxa Avogados

Pode que che interese...