fbpx
Catedral de Santiago en obras / foto javierAlamoCC0

Situación complicada para as contas da catedral pola caída en case un 60 por cento das achegas dos fieis

Tempo de lectura: < 1 min.

A Covid-19 supuxo unha diminución do 57% nas achegas dos fieis no que vai de ano, e agárdase que a situación continúe á baixa ó longo do que resta de 2020. Por isto o Consello de Asuntos Económicos do Arcebispado de Santiago reuniuse o pasado martes para analizar a situación e modificar as contas deste ano 2020.

E é que, dada a situación, precisan unha “reformulación orzamentaria que permita ponderar adecuadamente a actuación económica”, como afirmaba o ecónomo diocesano Fernando Barros. Prevese unha redución do 17,06% do orzamento ó longo do ano e un 13,07% de gastos ordinarios, caendo case un terzo no conxunto do ano as achegas como doazón por parte dos fieis. Recolle a nova o xornal Galicia Confidencial.

 

 

 

Pode que che interese...