fbpx
Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago / porticodagloria.com

A inauguración das obras do Portico da Gloria faise inminente

Tempo de lectura: 2 min.

Fai aproximadamente dez anos que comezou a restauración da que seguramente sexa a obra máis importante da arte galega, a chamada capela sixtina do románico, o Pórtico da Gloria. Dende aquela o pórtico ficou cuberto por estadas mentres se fixeron preparativos, catas e finalmente, no ano 2016, comezou de feito a restauración en si mesma. Agora a importante obra de restauración, sen dúbida a máis importante que se está levando a diante en España neste momento, está a piques de tocar o seu fin e semella que será inaugurada antes da celebración do vindeiro Apóstolo.

Así se publicou no día de hoxe nun artigo de El Correo Gallego no que destacan o posible atraso do evento co novo goberno central, o ter que reorganizar o propio acto de inauguración. O certo é que como afirmou o deán en funcións en declaracións ó xornal “estanse executando os derradeiros detalles e xa se comenzó a retirar parte das estadas“. O certo é que os traballos, que estaba previsto que se remataran ó longo deste ano, tal e como se declarou en reiteradas ocasións, finalmente semella que poderán ser adiantadas a este verán facéndoas coincidir seguramente coas celebracións da cidade.

E é que obra de restauración do Pórtico da Gloria iniciouse no ano 2008 despois de que a Fundación Barrié, pertencente ó antigo Banco Pastor, aprobase o financiamento dunha das obras máis complexas de Galicia, despois do éxito que supuxera a do coro pétreo do Mestre Mateo na década de 1990. As obras, que estiveron enfocadas non so a restauración senón tamén a eliminación das humidades e das filtracións de auga dende as cubertas, semella que desvelarán unha imaxe moi renovada do andar central -o pórtico consta de tres andares, a terra, o xuízo e a gloria– ó recuperar parte das pinturas orixinais .Na actualidade colaboran na obra a Fundación Barrié a Fundación Catedral, o Instituto do Patrimonio Cultural de España e a Xunta de Galicia.

Pode que che interese...