fbpx
Artillería do Exército francés de Napoleón / pinteres.mx

Esta é a historia do tesouro de dous mariscais de Napoleón que rematou con motíns e nenos falecidos

Tempo de lectura: 2 min.

A invasión do exército napoleónico deixou en Galicia numerosas historias e festividades, como pode ser a Reconquista de Vigo, a pesar do pouco tempo que os franceses estiveron en terras galegas. Seis meses foi o que durou o exército liderados polo mariscales franceses Michel Ney e Jean de Dieu Scoult. 

Estes dous oficiais franceses marcharon sobre o 26 de xuño de 1809 do país. Corenta anos despois, o entón Intendente subdelegado de Rendas da Provincia da Coruña, José Sandino y Miranda, parte de Vigo cara a Compostela en busca dun tesouro cun valor de 64 millóns de francos, como recollen as crónicas da época do xornal Centinela de Galicia segundo comenta no seu artigo O Colectivo A Rula.

Busca do tesouro

Sandino foi acompañado polo cónsul francés e por outro suxeito francés, que resultou ser o único superviviente daquel exército napoleónico que invadiu, saqueou e danou o territorio galego. Este militar francés, que combatira tamén en Moscú, deixara pasar 30 anos e un día dende que se escondeu a fortuna xa que pasado este tempo Francia perdía o dereito de reclamación. Ademais, moitos dos seus compañeiros morreran en Moscú e, segundo as crónicas da época, el era o único que coñecía o paradoiro dos 64 millóns de francos.

O tesouro supostamente atopábase en Laraño, en Santiago, e alí foi o intendente Sandino cos seus compañeiros franceses. A expedición partiu de Vigo o día 20 de novembro e sete días máis tarde volveu a Vigo sen ningún franco na súa posesión.

Os veciños

Ou ben o tesouro non existía, ou ben non acertaron co lugar. Fose como fose, os veciños coñeceron entón a posible existencia da fortuna e comezaron a facer escavacións. El Centinela de Galicia recolle o 6 de xaneiro de 1844 unha crónica sobre a busca dos francos polos veciños a súa consecuencia.

Unha tropa militar foi enviada ao lugar un 3 de xaneiro para evitar as escavacións dos cidadáns, mais esta estaba a ser esperada por un grupo armado de veciños. Esta defensa popular non cumpriu co seu cometido e a tropa chegou á zona rematando coa busca do tesouro e coa vida de dous rapaces: José Ferreiro e José San Martín. Outras 14 persoas foron detidas na operación.

Este conflito chegou a mans da xurisprudencia militar tras ser remitida pola Audiencia Territorial, como recolle nun post de Facebook o Arquivo do Reino de Galicia. A razón: a participación de militares. En paralelo, redactouse un expediente do cal se descoñece a súa conservación.

O monte de Mourosón

O colectivo A Rula levou unha investigación sobre este tema. Ningún dos veciños lembra estes acontecementos pero “si está viva a popular malquerenza cara os montes de Mourousón e da vella corredoira que subía desde Reibo”.

Os esforzos dos veciños de Laraño en busca dos 64 millóns de francos deixou a súa pegada no monte. Grazas a unha visualización do visor lidar do monte, pódense observar varios buratos e afondamentos do terreo causado polas escavacións populares. 

Pode que che interese...