fbpx

Cando o Franquismo rematou co fútbol feminino que sobreviu con partidos de “solteras y casadas”

Tempo de lectura: 1 min.

O Celta, o Deportivo ou o Lugo son os grandes protagonistas do fútbol galego, polo menos na televisión e nos xornais son os que teñen máis presenza. Pero cada ano que pasa, o fútbol feminino colle máis relevancia en Galicia e o Burela F.S. e o Marín Futsal son grandes exemplos disto, xunto coas incursións do Deportivo ou o extinto Olivo de Vigo na primeira división do fútbol feminino español.

O fútbol feminino en territorio galego remóntase aos anos 20, cando a pioneira Irene González recorría os campos de fútbol galegos como gardamallas dun equipo, o Irene F.C., no que ela era a única muller, e ademais cobraba, como recolle Jesús Flores en La Voz.

O arquivo de La Voz de Galicia tamén lembran as crónicas de apaixoantes partidos  que se xogaron no sur de Galicia entre conxuntos como a Unión e o Ciosvin, durante a Segunda República. Tras a Guerra Civil e coa chegada do franquismo, toda esta progresión do fútbol feminino desapareceu. Ata o nacemento do histórico Karbo coruñés, que foi catro veces campión de España, nos anos setenta non se recuperou este nivel.

Por iso, a celebración de partidos de fútbol entre solteiras e casadas na Galicia rural, ou os que durante varios entroidos se disputaron no campo do Relámpago de Elviña, a mediados dos sesenta, significaron algo máis que a triste fantochada que describen as crónicas da época que comenta no seu artigo Jesús Flores.

Rubén Ventureira, coautor do libro Irene y las puertas del fútbol, unha documentada crónica dos inicios do fútbol femenino en Galicia comenta que estes partidos “eran unha transgresión ao réxime, que só permitía os partidos de mulleres en carnavais, pensando que era outra comparsa. Pero, seguro que máis dunha daquelas xogadoras aspiraba a algo máis“. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...