fbpx
Bacofesta, festa "romana" de exhaltación do viño da Ribeira Sacra / GC

Había realmente industria do viño na Gallaecia romana?

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello da Rúa celebra do 10 ao 12 de agosto a V edición da Bacofesta, un evento festivo que ten coma gancho o viño e a época romana. Esta festa serve de escaparate para as adegas no lugar.

Luís Fernández, alcalde da Rúa, destaca nunha entrevista no Galicia Confidencial que este evento naceu para crear un escaparate para as adegas tendo opción de dar a coñecer a súa marca e os seus viños.

Con todo, nos últimos anos non son poucas as adegas que insisten na suposta orixe romana dos caldos da Ribeira Sacra. Unha estratexia que algúns arqueólogos din que é puramente comercial porque aseguran que hai moi poucas evidencias arqueolóxicas que insinúen un cultivo masivo do viño na época romana nesta zona. Máis na noticia do GC.

Pode que che interese...