fbpx
Fachada de Praterías gravado de finais do século XIX de Enrique Laporta Valor / foto Wikimedia PD

Os expertos afirman que podería non ser tan complexo borrar a pintada de Praterías

Tempo de lectura: < 1 min.

Os técnicos xa visitaron a escultura do século XII da portada de Praterías atacada na noite de onte. Foi a través da Fundación Catedral e de responsables da Dirección Xeral de Patrimonio e expertos en restauración que se personaron no lugar para valorar a desfeita. Segundo estes, parece ser que as pintadas foron feitas cun rotulador de punta ancha e que o dano non sería polo de agora tan profundo, e probablemente este puidera ser tratado con láser. De ser así agárdase que ó longo das próximas xornadas o dano poda ser subsanado, e evitar a exposición prolongada da escultura á tinta.

Porén, isto non quita que a policía siga a buscar ós autores do atentado contra a portada, que poderían enfrontarse, segundo a Lei 5/2016, do 4 de maio de Patrimonio Cultural de Galicia, no seu artigo 133.2 a multas de entre 6.001 e 150.000 euros. É por isto que a Policía Nacional, a través das súas redes sociais, pediu a colaboración cidadá para achegar calquera pista sobre o autor ou autores do acto vandálico ó tempo que está a investigar as gravacións das cámaras de seguridade instaladas no casco histórico. Agárdase que as investigacións dean resultados o antes posible. Os detalles recóllense en La Voz de Galicia de tarde de onte.

Pode que che interese...