fbpx
Museo da Catedral de Santiago, colección permanente / foto catedraldesantiago.es

“O Museo de Pontevedra non pode ser un mausoleo”

Tempo de lectura: < 1 min.

O arqueólogo especialista en xestión do patrimonio arqueolóxico, José Manuel Rey García, foi escollido como novo director do Museo de Pontevedra. Na súa primeira intervención como presidente, sinalou que o Museo de Pontevedra “non pode ser un mausoleo, e abrilo á sociedade non significa perder rigor científico”.

Para lograr esa proxección internacional, Rey sinalou como interesante o “participar en redes de cooperación para promover o intercambio de experiencias entre diferentes puntos do territorio europeo”.

Tras numerosas diferencias entre BNG e PSdeG pola xestión deste centro, Rey asume o posto, en palabras do deputado de Cultura e Lingua, o nacionalista Xosé Leal, co obxectivo de “facer do Museo de Pontevedra unha referencia a nivel internacional“.

A presentación pública de Rey como novo presidente tivo lugar este sábado no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Nela, estiveron presentes tanto o propio arqueólogo como o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, o tamén nacionalista César Mosquera, a xefa de xestión do Museo, Sonia Mateos, ademais de Xosé Leal.

É unha persoa de Pontevedra que quere a Pontevedra; é unha persoa do Museo de Pontevedra, que comezou a súa traxectoria nesta casa como bolseiro durante tres anos e ten toda a capacitación”, destacou Mosquera os tres puntos factores que fan de Rei García a persoa idónea para desempeñar o posto de dirección ofertado.

Pode que che interese...