fbpx
Ponte no lugar de Suevos, en Mazaricos

A pegada toponímica e patronímica dos suevos na Coruña

Tempo de lectura: 2 min.

Os suevos eran un pobo xermánico que habitaba a ribeira leste do río Elba, nunha área comprendida entre o río Elba e o río Oder, que se corresponde na actualidade cos estados de Mecklemburgo, cuxa capital é Schwerin, e o estado de Brandeburgo, ámbolos dous pertencentes a extinta R.D.A. Eran, xa que logo, un pobo báltico e costeiro que se estendía entre Dinamarca e Polonia, de feito a costa norte da antiga R.D.A era chamada Mare Suebicum polos cronistas romanos. Tamén se di que os suecos, da raíz swe, son un pobo xermánico de orixe sueva.

Precisamente, por seren un pobo báltico e marítimo, hai quen cre que os suevos puideran ter chegado nun primeiro momento por vía marítima a Galicia, asentándose no norte da provincia da Coruña e desprazándose despois cara as capitais conventuais de Lugo e Braga. Este feito diferenciador pode axudar a explicar a forte impronta dos suevos nas terras altas do interior da Coruña, nas comarcas de Ordes e de Xallas.

Distribución do nome Dorinda en Galicia

Neste senso son moi abundantes os topónimos suevos como Leobalde, Aldemunde, Anxeriz, Castenda ou Restande. O mesmo nome de Tordoia pode ter a súa orixe no danés”torden”.Torden é lóstrego en danés eTordon é lóstrego en sueco, en referencia ao deus Thor, deus principal do panteón divino dos pobos nórdicos. A os argumentos toponímicos, únense agora outros como a xenética, os rasgos fenotípicos e o estudo da antroponimia ou o nome propio das persoas.

Patronímicos

Grazas a web do Instituto Galego de Estadística tamén podemos rastrexar a pegada sueva na comarca de Ordes e Xallas  a través da distribución dos nomes de orixe xermánica, con resultados sorprendentes. Así, no caso dos nomes de muller de orixe xermánica, podemos observar como estes se concentran fudamentalmente no interior da provincia da Coruña, nas comarcas de Ordes e Xallas. É o caso de nomes como Dorinda, Adolfina, Hermosinda, Florinda ou Alcira. Adolfina é un nome que significa “muller de alta nobreza” e ten a súa maior distribución nos concellos de Tordoia, Ordes e Santa Comba.

Distribución do nome Hermosinda en Galicia

Pode que che interese...