A apertura dunha pista e unha plantación de ecualiptos danan o castelo medieval de Penaflor
Xornal de Mariña publica que a asociación Mariña Patrimonio vén de denunciar perante a Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia posibles danos no Castelo de Penaflor (do século XIV), situado no lugar de Machín, parroquia de Santa Marta de Meilán, en Riotorto.
Por outra banda, sinala Mariña Patrimonio, na na zona sur do xacemento abriron tamén unha pista, que sobe ata o mesmo castelo. “Estes movementos de terra pesada chegaron ata os muros, que forman parte deste ben patrimonial protexido, o que puido provocar o derrube dalgúns tramos” da tapia. “Así mesmo, na parcela onde se atopa o Castelo de Penaflor acondicionouse o terreo para a plantación de eucaliptos, unha acción que “puido deixar soterrado parte do antigo e orixinal camiño de entrada” á edificación. Toda a información en Xornal da Mariña.