fbpx
O último habitante de Bexán camiándo pola rúa entre as fotos dos seus antigos veciños / Eliseo Trigo (EFE/El Progreso)

Bexán, a aldea onde só viven un barcelonés e as fotografías dos seus veciños

Tempo de lectura: 2 min.

Bexán (O Salviñao, Lugo) é unha das máis de 850 aldeas que figuraban sen poboación empadroada no ano 2020 na provincia de Lugo. Os recordos dos seus antigos habitantes que mantense vivos e as fotografías que rescatou o proxecto “Bexán In Memoriam” da Asociación Cultural Artística Sacra fixeron renacer ao pobo que só conta cun único habitante, o barcelonés de 60 anos Andrés Martínez. 

Bexán atópase na ribeira este do río Miño, rodeada de viñas e dunha espectacular panorámica. As casas que un día habitaron 130 persoas a comezos do século XX estanse a vir abaixo, outras están en procesos de remodelación, aínda que a Covid fulminou algún destes proxectos, ou iso conta Encarna, de 88 anos, a La Voz sobre as intecións do inglés ao que lle vendou a súa casa.

Estes vellos veciños como Encarna, non saben que no seu pobo da infancia aínda ten un habitante: Andrés Martínez. Andrés é de Barcelona, pero namorouse deste pobo no que reside dende que atopou traballo na localidade de Escairón. A súa muller segue vivindo en Barcelona, non quere establecerse en Bexán pero si pasa alí logas tempadas de vacacións.

Resurrección fotográfica

As rúas estreitas, en pendente e repletas de escaleiras de Bexán están sen vida practicamente pola despoboación que sufriu nos últimos 100 anos. Ata fai tres semanas cando a Asociación Cultural Artística Sacra presentou o proxecto “Bexán In Memoriam”.

É a primeira actividade deste colectivo dende a súa creación no verán deste ano. A exposición neste pobo deshabitado será protagonizado por paneis con fotografías dos seus antigos veciños. A elección das datas, en pleno outono, non é nin moito menos casual. Os organizadores quixeron que coincida coa época do ano na que os viñedos debuxan co seu contraste cromático unha paisaxe espectacular.

O obxectivo do proxecto non é outro que renderlles unha homenaxe a aquelas persoas que naceron e viviron en Bexán. E queremos poñer tamén de manifesto o grave problema do despoboamento e abandono rural na Ribeira Sacra e no resto do interior de Galicia», como sinalan os promotores deste proxecto. Vía La Voz de Galicia e El Progreso.

Pode que che interese...