fbpx
Sestercio de Augusto, moeda romana única no mundo da que só hai tres exemplares / Xunta.gal

Coñece unha moeda romana única no mundo… e que está en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta iniciou o proceso para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) unha moeda do século I a. C., coñecida como ‘Sestercio de Augusto’, da que só se coñecen tres exemplares no mundo e un está en Galicia.

O ‘Sestercio de Augusto’, que actualmente pertence a unha colección particular, trátase dunha moneda do século I antes de Cristo de bronce que pesa ao redor de 38 gramos. Ademais, a moeda non ten marcas nin de ceca, establecemento oficial onde se fabricaban e acuñaban moedas, nin de datación, polo que a súa data de emisión e lugar de produción son descoñecidos.

Ao longo dos anos atribuíuse a cecas como a de ‘Emerita’ (Mérida), ‘Lucus’ (Lugo) ou ‘Colonia Patricia’ (Córdoba), así como a outros talleres móbiles que acompañaban ao exército. Trátase dunha parte da serie do Noroeste polo seu lugar de circulación e o escudo redondo do reverso acuñado por Augusto, “moi probablemente”, para facer fronte aos gastos militares das Guerras cántabras (27-19 s.C.).

Nun comunicado, a Consellería de Cultura informou de que este xoves se publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o expediente de incoación, o que significa que a moeda contaría “de modo inmediato e provisional” co réxime de protección previsto na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. Máis información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...