fbpx
Soporte Escaneado 3D realizado por Carmena&Cueli. Reconstrución virtual policromía PETRA S. COOP_© Programa Catedral

Como era orixinalmente o Pórtico da Gloria?

Tempo de lectura: < 1 min.

A longa e fonda restauración do Pórtico da Gloria está a permitir diferenciar os seus diferentes policromados ao longo da historia, destacando, principalmente, os realizados no século XIII e XVI.

De feito, esas investigacións da gran obra do mestre Mateo deron como resultado o descubrimento de catro tipos de policromado no pórtico. O Primeiro deles corresponderiase ao momento no que finalizou a construción desta gran obra en 1211, o solemne momento da consagración da Basílica, nos primeiros anos do século XIII.

A segunda etapa seria xa o policromado total, tal e como informa a propia Catedral de Santiago, e está datado probablemente no século XVI polos motivos decorativos que se realizan a base de brocados aplicados de prata e estaño nas roupaxes.

O terceiro policromado está aínda por determinar pero os investigadores cren que se trata dun repolicromado total que volverá cambiar o aspecto do conxunto do pórtico. Ocúltase a decoración anterior cunha paleta máis sombría, engadindo branco e sombras aos pigmentos puros e brillantes empregados antes.

A última capa de pintura da obra correspondería a unha intervención reparadora de menor calidade que as anteriores, repetindo as cores subxacentes cunhas decoracións pouco elaboradas. É a que está á vista en moitas zonas.

Pode que che interese...