fbpx
Recreación dun banquete no Samaín arredor dun lume purificador

Un conto para explicarlles aos nenos que o Samaín é galego e non un Halloween importado de América

Tempo de lectura: < 1 min.

Libro O noso Samaín de Loretto Birott

Loretta Birott ten publicado na Editorial Galaxia un libro ilustrado para nenos baixo o título de O noso Samaín. O obxectivo desta obra é explicarlles ás nenas e nenos de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen, probablemente, da época prerromana. Trátase, polo tanto, de que os cativos comprendan a diferencia entre o recuperado Samaín e o ascedente Halloween norteamericano.

Galaxia destaca que para a autora é crucial, e a editorial comparte, que “a cativada galega saiba que a tradición dos calacús e do contacto entre os mortos e os vivos é, tamén, galega, que se chama Samaín e que leva celebrándose no País, dende sempre”.

Ademais, o libro está escrito por Loretta Birott Bermejo, filla de galegos que naceu en Venezuela en 1979, e que ao pouco volveu para Galicia de onde é a súa familia materna. Un valor engadido para un libro escrito por unha galega emigrante que ten como propias tradicións que veñen de vello.

Pode que che interese...