Camiño Real na Vacariza, en Rianxo

O pazo do cacique contra o que loitou Castelao de mozo será para o pobo

Manuel Viturro Posse / foto CRFree Wikimedia

Manuel Viturro Pose foi o famoso cacique local de Rianxo entre finais do século XIX e o primeiro terzo do XX. Foi alcalde de Noia e secretario da Deputación da Coruña así como líder do Partido Liberal de Rianxo. Tamén lle foi concedida a Gran Cruz de Isabel a Católica en 1920. Mais ademais diso foi un político que moveu importantes influencias locais e provinciais sendo para Castelao un verdadeiro exemplo do caciquismo que a comezos do século parasitaba as institucións e a vida socioeconómica galega.

Castelao o caricaturizara en moitas ocasión, no semanario local de Rianxo El Barbero Municipal, mais o grande emblema deste cacique era o seu o pazo de Rianxiño, máis coñecido polos veciños como pazo Viturro. É un dos monumentos máis importantes de Rianxo. É un edificio do século XVIII, en forma de U que, ademais de escaleira monumental, solaina, xardíns, capela e cabazo, conta cunhas instalacións moi salientables, ás que lle foron engadidas piscina e cancha de deportes a finais do século XX. En vida Castelao non puido facer moito máis que criticar a Viturro, mais unha volta do destino fará que nos próximos meses o afamado pazo se converta nun edificio social do Concello de Rianxo.

De edificio de retiro das MM. Franciscanas a centro de día de Rianxo

Foi no último terzo de século XX cando as relixiosas da congregación MM. Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor, ou simplemente Franciscanas, se fixeron co pazo. Dende aquela era empregada pola congregación para actividades como retiros espirituais ou convivencias, tanto para a propia congregación coma para os alumnos dos seus diferentes colexios. Mais dende fai algúns anos ante a posibilidade de que as relixiosas o venderan o Concello de Rianxo comezou a establecer contactos coas relixiosas para mercalo.

Pazo de Rianxiño / culturagalega.gal

Foi precisamente este martes cando o pleno da corporación municipal aprobou por unanimidade a compra do pazo, por un valor de 1,6 millóns de euros, comprometéndose a indemnizar á congregación se finalmente a corporación non pode facer fronte a merca. Precisamente por este motivo a alcaldía considera que parte deste prezo será aportado pola a Deputación da Coruña tal e como xa se comprometera no pasado, despois de que a propia Xunta, negase o apoio ó proxecto. Así o edificio será adicado a centro de día para que fillos e netos dos coetáneos de Viturro poidan desfrutar por fin das instalacións.

A loita por un centro de día

Mais a conquista non é so un gracias ó Concello é a disposición das relixiosas, senón que foron os propios maiores de Rianxo quenes ó longo de moitos anos pelexaron firmemente por ter un centro de día. E é que a pasada semana cumpríanse nove meses do encerro dun grupo duns setenta veciños de Rianxo no salón de plenos do consistorio. Reclamábanlle á Xunta un centro de día para o municipio, despois da discriminación histórica que sufriu esta localidade por parte do goberno galego ó estar o Concello de Rianxo gobernado durante décadas polo PSdG e o BNG.

Para o alcalde Adolfo Muíños o lugar é máis que adecuado para comezar a funcionar con este uso, xa que o espazo ten xardíns, amplos espazos interiores, cociña e incluso habitacións. Pola súa ubicación e por ser un edificio emblemático sería o lugar máis adecuado para responder a unha demanda veciñal necesitada dende fai moito tempo e pelexada feramente polos maiores de Rianxo. O pazo de Rianxiño, ou de Viturro será así finalmente para os veciños, unha infraestrutura cultural de primeira orde que poderá desfrutar quenes máis o merecen.

Foron os maiores de Rianxo quenes por setenta días pelexaron por un centro de día / foto sabinevanerpCC0

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: