fbpx
eucaliptos / foto ekaterinvorCC0

Unha nova oportunidade para que os eucaliptos desaparezan do castro de Bexo

Tempo de lectura: 2 min.

O castro de Bexo é un dos moitos poboados da Idade do Ferro que ocupan Galicia, e que desgraciadamente tras décadas de estudo segue acumulando problemas grazas ás matogueiras e sobre todo ó arborado invasivo. Mais o de Bexo é un dos poboadas máis grandes da zona e un dos máis interesantes para o seu estudo, por dimensións e polo que podería ser a súa evolución. O de Bexo é ademais un deses xacementos cun enorme potencial dende un punto de vista turístico e paisaxísticos, xa que dende a súa croa domínase unha destacada franxa de terra con importantes vistas á ría de Arousa e ó Baixo Ulla. Un problema que se fai importante: o eucalipto.

E este é o problema que dende Verdegaia e coa colaboración de varios colectivos como a Asociación Cultural Unidade Veciñal de Dodro, Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño ou a Comunidade de Montes “Cruz do Avelán” pretenden atallar. Este sábado poñeranse mans á obra cunha importante xornada de deseucaliptización. Os traballos comezarán ás 10 da mañá, e, ó longo de toda a xornada, desenvolveran tarefas de roga e albaroque na parcela do castro, xunto con todas as persoas con ganas de colaborar coa conservación desta importante parte do noso pasado e que se inscribiran como brigadistas no proxecto. O obxectivo é facer desaparecer as especies invasivas do castro que están a por en perigo o importante xacemento.

Mais non é a primeira vez que se desenvolven estes traballos. Pois a Comunidade do Monte Veciñal en Man Común Cruz do Avelán ten acordado a súa recuperación co equipo de arqueólogos que xa interviron no castro en varias ocasións. Entre eles existe un proxecto de xestión arqueolóxica que entre outros obxectivos inclúe a erradicación do eucalipto en todo o seu perímetro . Así, nos últimos anos, leváronse a diante varias intervencións de retirada desta especie, dedicándose e eliminar os brotes que saen periodicamente, a pesares das cortas, polo carácter invasor da especie.

Mais a asociación nesta última campaña atopou unha nova dificultade, e é que, segundo a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tamén as accións de limpeza que requiran a tala de arborado en ámbitos protexidos precisarán de licenza urbanística tramitada polo Concello e remitida á esta Dirección Xeral co conseguinte pago de taxas. Mais a pesares do importante do atranco a asociación desenvolveu unha vez máis un importante traballo para conseguir volver ó castro de desenvolver as acción de mantemento que se fan máis que necesarias. Este sábado coa colaboración das entidades e dos voluntarios volverán a facer un traballo máis que imprescindibles para a conservación deste importante xacemento.

eucaliptos / abeldomiCC0

Pode que che interese...