fbpx
Proxecto da mina que se quere facer nos concellos de Touro e O PIno

A Xunta aproba unha orde en pleno agosto para restrinxir a información sobre as afeccións dos proxectos mineiros no patrimonio

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta acaba de aprobar unha nova norma da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre acceso á información pública en materia de minas. Unha orde que chega e pleno agosto e logo de que a Consellería de Industria dera vía libre a creación dun polémico parque eólico en Cabana de Bergantiños e tras as masivas protestas de colectivos contrarios a mina de Touro e o Pino, e tamén das protestas en Teo contra a planta de resíduos que quere construír a empresa Toysal

Segundo publica Galicia Confidencial, a norma exprés aprobada este luns impediría que as entidades, asociacións, administracións ou particulares puideran a acceder a información “sensible” dos proxectos mineiros, como son “notas, borradores, opinións, resumos, comunicacións e informes internos ou entre órganos ou entidades administrativas, incluso cando forme parte dun expediente”.

A partir de agora, aqueles colectivos ou particulares que queiran preguntar se un proxecto mineiro afecta ao patrimonio cultural ou natural terán que especificar claramente os motivos.Deste xeito, a nova normativa require á persoa ou entidade solicitante que motive a súa solicitude. Unha vez motivada, a Xunta aprobará ou non esa solicitude de información. E cales serán os motivos de inadmisión?. Máis aquí.

Pode que che interese...