Imaxe antiga dun dolmen / dolmenesymenires.com

Cando Eduardo Pondal deu conta de 46 descubrimentos “célticos”

A noticia chamada “Apuntes acerca de la época céltica en Galicia” publicada no Diario de Santiago, un martes 21 de xullo de 1874, e asinada coas iniciais E.P., facía referencia a 46 dólmenes célticos “arruinados” situados no monte de Cudeiro e a 1 ou 2 ubicados en Cardezo, na parroquia de Corcoesto, augas abaixo do río Anllóns.

Rezaba a noticia que:

Nuestro amigo Eduardo Pondal  ha tenido la amabilidad de confiarnos su cartera, de entre la cual entresacamos curiosísimos datos, acerca de los monumentos de una raza que, por la oscuridad que envuelve su origen, casi podemos llamar pre-histórica.

Dolmen Bouza Cova, en Cudeiro / Petón do Lobo

Si nuestro amigo fuese imitado en sus investigaciones por los hombres de talento o de juicio de nuestros distritos y provincias, no haría á buen seguro tan espinosa tarea de historiador, que apenas cuenta con más datos que la observación particular para saber á que atenerse con respecto a los monumentos célticos en Galicia. Publicamos pues con verdadera satisfacción los apuntes del Sr. Pondal. Helos aquí: En el monte de Codeiro, cerca de Corcoesto hay 46 dólmenes célticos (arruinados).

En el camino de Corme a Brantuas, sobre la vertiente que desciende del faro á esta última parroquia, unos seis o siete. En el que conduce de Tella á Tallo, en un parage inculto, como unos ocho.

Dos en Carballo; uno en una chousa que está al Norte del pinar llamado Labarta, y otro, en la altura de Miron. Dos en Borneiro, camino de Vilaseco á Fontefría; otro cerca de Iñaño (Cabana), otro, camino de Brantuas á Carballido yendo por la dehesa del Rey.

Ocho ó diez en el monte de Tella, llamado de la Mina, y en el de Seixos de Angame; y uno ó dos cerca del puente de Cardeso, río abajo. Consideramos á la piedra vacilante de Mugia como un fenómeno enteramente natural.

No hemos encontrado menhires, barros, cromlhechs ni otro género de monumenos célticos, á no ser los castros, en el territorio de Bergantiños; solamente sospechamos que sea un altar céltico la llamada Serpenta, que hay á la bajada de la cuesta de Gondomir, parroquia de San Adrián de Corme”.

Dolemen do Monte das Pedras de Sta. Mariña do Remuíño, en Corcoesto / Petón do Lobo

Pondal e Corcoesto

O certo é que Eduardo Pondal coñecía moi ben a parroquia de Corcoesto, feito do que non existe dúbida algunha. Hai que lembrar que boa parte da madeira coa que se mantiña o negocio da súa familia procedía das parroquias de augas arriba do Anllóns, entre elas Corcoesto. Unha tese doutoral de Salvador Parga e Pondal do ano 1950 facía referencia ao peche dos xuncais do Anllóns por parte da familia Pondal entre os anos 1870 e 1876. Unhas 135 hectáreas de terreo deixarían de ser marismas para converterse en terras de cultivo, para alugalas ás familias para o seu cultivo. Do mesmo xeito instalarían aserradoiros de madeira na veiga do Anllóns e incluso peiraos para o embarque da madeira ata o porto de Corme. Polo tanto, as terras de Bergantiños estaban moi vencelladas á economía familiar do autor pontecesán. Tanto é así que os piñeiros de Bergantiños viaxarían por mar desde o peirao de Ponteceso e os froitos das terras seguirían o mesmo camiño. De feito é tal a importancia da economía da madeira, que o autor ten especial fixación cos piñeiros ou “verdes” de gran altura, consciente da importancia do prezo da madeira “en pé” que tan ben se pagaba naquela época.

Ademais xa existía constancia da súa visita ao establecemento de augas mediciñais da Regueira, preto de Cardezo. De feito, foi á titular deste establecemento, Carme da Ponte, a quen lle adicou o seu poema “Rosa de Corcoesto”.  

Dolemen do Monte das Pedras de Santa Mariña do Remuíño, en Corcoesto / Petón do Lobo

Que foi dos 46 dómenes?

Pero que foi dos 46 dólmenes de Corcoesto, ubicados no monte Cudeiro? a resposta está unha vez máis no propio lugar de Cudeiro. Aínda hai pegadas sobre o terreo, pero a pesar das múltiples visitas de arqueólogos, pagados polas empresas mineiras (os últimos pola filial da canadiana Edgewater), non se quere ver o que a realidade amosa, a pesar de que desde esta asociación (Petón do Lobo) insistamos unha e outra vez, na presencia de vestixios e testemuñas máis que evidentes da riqueza arqueolóxica presente nos montes de Corcoesto.

Non hai máis que lembrar o dolmen de Bouza Cova ou o círculo de pedras de Sta. Mariña do Remuíño, testemuñas evidentes dese pasado céltico ao que aludía Eduardo Pondal.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Divulgador e presidente da Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: