fbpx
A xente come dentro das casas do Castro de Santa Tegra / tirado do vídeo de Xoan Carlos Gil

Está ben que se usen as casas do Castro de Santa Tegra como merendeiros?

Tempo de lectura: < 1 min.

Esta fin de semana celebrouse a tradicional Subida ao Monte, dentro das festas da Guarda, onde se atopa un dos castros máis coñecidos e visitados de Galicia, o de Santa Tegra. E, como ten acontecido xa noutras edicións, familias enteiras decidiron ocupar os espazos libres do monte para celebrar comidas campestres.

O caso é que, tal e como denuncia La Voz de Galicia, eses espazos inclúen tamén as casas e habitáculos do castro, o que infrinxiría a actual lei de Patrimonio. Unha circunstancia que non é só exclusiva desta festa popular. Noutras romarías populares que teñen lugar en castros, castelos ou igrexas protexidas tamén a xente utiliza os espazos patrimoniais como espazos de lecer.

Pode que che interese...