San Lourenzo, o santo patrón de Cereixa e do Castro de San Lourenzo
San Lourenzo, o santo patrón de Cereixa e do Castro de San Lourenzo

Descobre a relación que existe entre un santo que fuxiu dunha igrexa a un castro e a última gran batalla guerrilleira de Galicia

Xosé Gago, coordinador turístico do proxecto do Castro de San Lourenzo, do que xa temos falado en HdG en numerosas ocasións, fai un percorrido neste vídeo polas terras irredentas de Lemos, onde tivo lugar a última gran batalla guerrilleira de Galicia e onde está un santo, o San Lourenzo, que segundo as crenzas populares preferiu fuxir da igrexa parroquial para ocultarse nun castro.

O castro de San Lourenzo é famoso por atopar nel a osamenta de María Castaña ou de Atilano, algúns dos restos máis antigos dun habitante de Lemos atopados ata o momento.

Precisamente, o castro, a igrexa do santo, a casa do cura ou a casa de Chavaga, onde tivo lugar a gran batalla, serán escenarios do segundo dos roteiros que organiza Rutas de Historia, un proxecto de turismo histórico, cultural e divulgativo impulsado por Historia de Galicia e diversas entidades de defensa do patrimonio e que conta coa colaboración de Abanca e a Deputación de Lugo.

Este roteiro é o domingo 23 de setembro. Un día antes hai outro tamén moi interesante polas ribeiras do Canón do Sil para descubrir as súas pegadas prehistóricas, románicas e etnográficas. Podedes apuntarvos en www.rutasdehistoria.gal

Pode que che interese...

1 Resposta

  1. 20 Setembro 2018

    […] “Polas terras irredentas de Lemos”, leva por título este roteiro que nos levará ao escenario da batalla de Repil. Tan irredentas son? […]

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: