fbpx
Viaducto da liña Ourense-Zamora entre San Cibrao e Taboadela

Desaparecen tres pontes rexionalistas en Ourense polas obras do AVE

Tempo de lectura: 2 min.

A liña de tren entre Zamora e Ourense foi construída entre 1926 e 1958. Esta dilatada construción tivo o seu apoxeo en época Franquista, cando a man de obra escrava conseguiu abaratar os custos e permitir levar adiante unha obra que estivo en proxecto dende case un século atrás.

Esta gran obra, no tocante á súa enxeñería e as súas construcións, considérase unha verdadeira xoia. Iso é, sobre todo, polas súas construcións, tanto unha rede excepcional de estacións de ferrocarril, a maioría de estilo rexionalista, como por pequenas intervencións construtivas como pontes, túneles ou viadutos, construídas tamén en pedra mantendo no posible unidade estilística coas edificacións restantes .

Estación da Gudiña / foto rmveigaCCBy Wikimedia

Mais tres de eles, no entorno da cidade de Ourense, perderanse estes días coas obras da nova liña do AVE. En concreto coas obras de implantación dun terceiro carril entre Taboadela, San Cibrao e a estación de Ourense. Trátase de tres pasos elevados feitos en cantería e dun singular estilo, entre un eclecticismo sobrio e rexonalismo.

Dous deles xa foron derrubados, e un deles serao en breve. Derrubaranse para poder deixar paso á construción de outros de formigón de maior altura. Non existe tampouco un proxecto para reconstruílos noutra localización. A nova sobre a perda destes elementos recóllea o xornal La Región, nun artigo no que se pon de relevo unha vez máis, a importancia cultural e artística deste trazado.

Estación de Pobra de Sanabria / foto spanishrailway.com

Pode que che interese...