fbpx
Un monte queimado / foto mac231 CC0

Un lume forestal estraga e deixa á vista o maior dolmen de Toén

Tempo de lectura: < 1 min.

Un verán máis os lumes volven a arrasar os montes galegos e con eles o patrimonio. Nesta ocasión as lapas levaron por diante un dolmen practicamente descoñecido, localizado no concello de Toén, e que podería ser o de maior tamaño do concello. O dolmen foi pasto do lume forestal que asolou a parroquia de Moreiras o pasado sábado, estragando 220 ha. de monte e bosque mixto.

Pois tal e como recolleu no día de onte o xornal Faro de Vigo, a mámoa fora descuberta non fai moito tempo por dous veciños do lugar, despois de rastrexar o topónimo Medoña e de recompilar datos de arquivo. Porén, seguía sen catalogar. O megalito sería un dos túmulos mellor conservados do concello así como un dos de maior tamaño. O dolmen, aínda que sen lousa de cuberta, si conta con varios ortostatos dun considerable tamaño, así como cunha mámoa en moi bo estado.

Ata o momento o xacemento atopábase completamente agochado pola vexetación mais agora, tras o lume, é plenamente visible. Pola contra as altas temperaturas da combustión, como acontece nestes casos, posiblemente afectaran gravemente o xacemento, tanto á propia estrutura da pedra como a posibles vestixios que sobre elas se puideran achar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...