fbpx
As Torres de Altamira en Ames / foto Lansbricae CC-By Wikimedia

Queres coñecer máis de 800 edificios medievais de toda Galicia?

Tempo de lectura: 3 min.

Máis de 800 edificacións medievais xeolocalizados en Galicia e 17.000 de todo o sur de Europa a través dun visor cartográfico. Este é o excepcional traballo de que está a desenvolver o proxecto de investigación Petrifying Wealth que pretende xeolocalizar todas as arquitecturas en materiais duradeiros de todo o sur de Europa.

O proxecto nace precisamente dunha idea estudar a petrificación de Europa entre os séculos XI e XIII, pois é nestes séculos cando a paisaxe arquitectónica europea se transforma bruscamente. Un proxecto de investigación financiado polo European Research Council (ERC) e dirixido pola investigadora do CSIC Ana Rodríguez.

Imaxe de presentación do proxecto / foto csic.es

A era da petrificación de Europa

Trátase de analizar as complexas dinámicas sociais que explican a rapidez e extensión deste proceso, que axudou a crear identidades colectivas e rexionais en toda Europa. A rápida propagación da construción con materiais duradeiros encheu o continente igrexas, torres, muros de castelos, palacios e das que moitas sobreviviron ata os nosos días.

En total, máis de 17.000 construcións eclesiásticas e laicas, datadas entre os anos 1050 e 1300 estendidas por todo o sur de Europa. En concreto, Petrifying Wealth céntrase península Ibérica, Italia e sur de Francia. Trátase da zona menos estudada pero dunha extraordinaria difusión da petrificación medieval, así como un gran legado de edificios monumentais.

Detalle do visor / foto petrifyingwealth.eu

Unha ferramenta aberta ó público

O visor cartográfico pretende ser así, ante todo, unha ferramenta útil e capaz de interactuar con outras fontes de datos xeorreferenciadas. Tamén capaz de achegar os obxectos da investigación a un público amplo e diverso, facendo visibles estruturas de pedra e outros materiais duradeiros da Idade Media dun xeito práctico.

O visor constitúe un censo e sistematización das construcións que salpicaron o territorio medieval neste período. Nel pode verse a tipoloxía dos edificios, a súa cronoloxía, os materiais nos que foron construídos, os epígrafes relacionados con eles e as construcións desaparecidas, xunto cos propios resultados da investigación.

O visor cartográfico é o resultado do traballo colectivo dos membros do proxecto, do que coa co-dirección do investigador Sandro Carocci, da Università degli Studi di Roma Tor Vergata. O proxecto conta tamén coa colaboración de institucións, como a Fundación Santa María la Real para el Patrimonio Histórico, así como outras persoas que “colaboraron dun xeito xeneroso”.

Imaxe do proxecto / foto petrifyingwealth.eu


Para saber máis: O visor cartográfico pode consultarse neste link. A páxina web do proxecto pode consultarse aquí. Tamén pode consultarse a nova da presentación na páxina web do CSIC, así como a información dos investigadores.


 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...