fbpx
Entroido de Samede, en Paderne, convidado a ir a un festival internacional a Bulgaria / Asociación Entroido de Samede

Queres coñecer cada día, a través da rede, unha nova faceta do entroido galego?

Tempo de lectura: < 1 min.

“Dende a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) non quixemos deixar pasar esta celebración que clausura as festas do inverno sen achegar a nosa humilde contribución para facer estes tempos duros e difíciles algo máis levadeiros. Xa que non é posible dármonos cita presencialmente, decidimos compensalo cun extenso ciclo on-line de conferencias”.

Esta é a vontade coa que a SAGA quere enfrontar estes duros tempos. Por iso ven de convocar un ano máis as “IX Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, nesta ocasión cunha edición Integramente on-line. Trátase dun ciclo de 10 días de conferencias a cargo de membros e colaboradores da SAGA que comezará o Venres de Entroido e rematará o Domingo de Piñata.

E é que cada día, ás 20 h, colgarase no blog e no Facebook da Sociedade unha nova conferencia do programa, procurando que todo aquel que o desexe poida acceder libremente a ela. Entre os conferenciantes estará a nosa colaboradora Lidia Mariño, Rafael Quintía, Carlos Ares, José Luis Cardero, Ana Durán ou Emi Cagiao.

As xornadas percorrerán a través dos seus relatores diferentes xeografías con tradicións de entroido singulares, como O Courel, Manzaneda, os entroidos de Ourense ou mesmo o Brasil. Tocaranse temas como a relación co ciclo anual, a representación dos animais como touros, vacas ou porcos, o carácter das danzas ou fitos como o enterro do entroido.


Para saber máis: pódense consultar as redes sociais e o blog da Sociedade Antropolóxica Galega.


Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...