fbpx
Imaxes de erotismo na Idade Media /

Prostitución, homosexualidade, pederastia ou incesto na Idade Media… Así o recollen as cantigas da Idade Media

Tempo de lectura: 2 min.

O profesor portugués Victor Correia elaborou unha selección de 150 cantigas eróticas de 50 autores diferentes. Esta antoloxía titulada “Poemas eróticos dos cancioneiros medievais galego-portugueses” traducida ao portugués contemporáno foi todo un éxito no país veciño.

A Idade Media destaca polo poder eclesiástico. A cristiandade e os seus valores impoñéronse, polo que ninguén podería supoñer que esas persoas escribiran poemas eróticos que ruborizarían a cidadáns actuais. 

Victor Correia, que se licenciou en Filosofía pola Universidade Pontífica de Santo Tomás de Aquino en Roma, clasifica a meirande parte destes escritos dentro das cantigas de escarnio e maldizer, aínda que recoñece que hai algunhas que tamén poden clasificarse como cantigas de amigo ou de amor.

Nunha entrevista no xornal portugués Sol, o escritor comenta que quedou sorprendido polo vocabulario tan explícito que usaron os autores das cantigas. Correia non adaptou as palabras medievais a conceptos contemporáneos, reitera que el non engadiu ningunha das palabras malsoantes que se poden ler ao longo da antoloxía, por moi actuais que parezan.

Cartel publicitario da antoloxía de Victor Correia “Poemas eróticos dos Cancioneiros Medievais Galego-Portugueses”

TEMAS

Entre as 150 cantigas eróticas, podemos atopar pezas sobre prostitución, pederastia ou incesto. A homosexualidade tamén era un tema recurrente, case sempre dende a óptica da homosexualidade masculina xa que se vía como unha perda de masculinidade. Asimesmo, tamén hai escritos que tratan a homosexulidade feminina.

Moitas das cantigas falan da vida privada dos nobres e dos poderosos da época. Non hai que esquecer que as cantigas estaban feitas para logo ser cantadas polos xograres fronte a un público. Polo tanto, moitas das historias que se revelevan nos cantos tiña un propósito político, revelar segredos para danar reputacións.

Pode que che interese...