fbpx
Estas rapazas de Salcidos (A Guarda) saían cantar os reises o día 5 de xaneiro mais tamén saían cantar as panxoliñas o 24 e 31. Esta imaxe corresponde ao ano 1949 e usaron os cartos acadados no aginaldo para facerse esta fotografía cunha copia para cada unha, un luxo na época / Salcidos en Branco e Negro

(Vídeos) Así eran… e aínda son… os cantares de reises en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

Galicia ten unha rica tradición de panxoliñas de Nadal e cantigas de Reises. Grupos de mozos saían polas rúas das aldeas a cantar panxoliñas o 24 e 31 de Nadal e tamén na tarde do día 5, previa á noite de Reis. Esta era unha tradición moi arraigada en todo o país durante o Nadal. O grupo de mozas e mozos cantaban diante das casas e agardaban despois a recibir un aguinaldo que era en forma de doces (uvas e figos pasos) ou noces e castañas ou tamén en forma de diñeiro.

Aquí un exemplo do rico folclore de cantes de reises de Galicia:

Cantar de reis en Santa Comba

As tradicións do día de Reis en Pedrafita do Cebreiro

Cantar de reis en Cangas

Cantando os reis en Mondariz

Cantigas de reises en Neda

Os cantares de reis en Friol

Cantiga de reis en Pontecesures

Cantar de reis de Bustelo

Un cantar de reis de Galicia en Bélxica

Pode que che interese...