fbpx
Meteorito que caeu en Galicia o pasado 17 de maio de 2016

Investigadores galegos buscar谩n o meteorito que caeu en Galicia o 17 de maio

Tempo de lectura: < 1 min.

O Observatorio Astron贸mico Ram贸n Mar铆a Aller da USC acaba de confirmar que o suceso do pasado 17 de maio no que se puido observar unha potente luz no ceo acompa帽ado de detonaci贸ns 鈥渢ratouse efectivamente dun b贸lido di煤rno鈥. Descarta, as铆, a re-entrada na atmosfera dun foguete ou chatarra espacial.

鈥淭anto a baixa altura na que se deixou de ver a luz como o ru铆do producido no final do percorrido鈥 son definitorios da ca铆da de meteoritos 谩 terra, explican os investigadores da USC, Jos茅 脕ngel Docobo Dur谩ntez e Pedro Pablo Campo D铆az. Agora, o segundo obxectivo da investigaci贸n iniciada polo Observatorio Astron贸mico universitario ser谩 a determinaci贸n da zona onde estas pedras c贸smicas puideron ter ca铆do. Como sinala o profesor Docobo, tam茅n se tratar谩 de precisar a natureza do corpo orixinal e a zona do Sistema Solar de onde poder铆a proceder.

Estes investigadores suli帽an que o meteorito 鈥渃omezou a observarse sobre o norte de Portugal e de contado pasou a sobrevoar Galicia descendendo ata unha altura pr贸xima aos 30 quil贸metros na que o corpo se desfixo producindo fortes estoupidos鈥.

Nesta primeira fase da investigaci贸n, os investigadores do Observatorio Astron贸mico da USC puideron reconstru铆r a traxectoria do b贸lido a partir dos datos achegados por testemu帽as que contactaron co Observatorio dende distintos puntos da xeograf铆a galega como o sur de Vigo, Baixo Mi帽o, sur de Ourense e mesmo das proximidades de Vilagarc铆a, Santiago de Compostela e Lugo. Os acontecementos produc铆ronse o pasado 17 de maio cando arredor das 16.00 horas se puido observar o r谩pido desprazamento dunha potente luz no ceo despezado describindo un arco m谩is ben curto. O suceso veu acompa帽ado de varias detonaci贸ns que, dependendo dos lugares de observaci贸n, tardaron distintos intervalos de tempo en escoitarse.

Pode que che interese...