fbpx
O ministro Joan Subirats co docente Alexandre Sotelino Losada, da USC / remitida

O ministro de Universidades recibe a Alexandre Sotelino, Mellor Docente Universitario de España

Tempo de lectura: < 1 min.

Joan Subirats, titular do Ministerio de Universidades, recibiu hoxe na sede do executivo en Madrid ao Profesor de Teoría e Historia da Educación e Antropoloxía da Educación na USC, Alexandre Sotelino Losada para felicitalo polo seu recente nomeamento como Mellor Docente Universitario de España nos Premios Educa.

Na reunión o ministro felicitou a Sotelino por este logro e conversou co docente sobre a mellora da calidade docente, de metodoloxías pedagóxicas na Educación Superior, e tamén de políticas universitarias.  O citado Galardón será entregado presencialmente o vindeiro 26 de Febreiro no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

Pode que che interese...