fbpx
Fernando Suárez Bilbao, reitor da Universidade Rey Juan Carlos / La Sexta

A Facultade de Historia tamén lle dá o seu apoio ao medievalista Carlos Barros polos plaxios do reitor da URJC

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta de Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela tamén lle deu o seu apoio ao profesor dese centro, Carlos Barros, tras ser un dos investigadores aos que plaxiou o reitor da Universidade Rey Juan Carlos, Fernando Suárez Bilbao.

Reunida en sesión ordinaria o día 26 de xaneiro de 2017, este órgano manfifestou “o apoio rotundo” a Barros e reproba a “persistente e tramposa” práctica de Fernando Suárez, que, di, “atenta contra a ética académica e cuestiona os mecanismos de control e avaliación da actividade investigadora, prexudicando a toda a comunidade universitaria e danando a súa credibilidade”.

Tamén “deplora” as actitudes que desde diversas instancias mediáticas, académicas e políticas amparan ou minimizan os feitos denunciados, “en inadmisible exercicio de ignorancia e condescendencia”.

Por iso, e ante esta “mala conduta científica”, a Xunta de Facultade da Facultade de Historia, destaca o “labor exemplarizante” como membros da comunidade universitaria ante o alumnado, o persoal investigador en formación e a sociedade en xeral, á vez que lembra que o seu incumprimento resulta unha “vulneración clara da nosa ética como profesionais dedicados á procura, transmisión e difusión do coñecemento”.

Pode que che interese...