fbpx
A Lagoa de Antela no mapa de Fontán

John H. Stone: O inglés que quixo desecar a Lagoa de Antela (1873- 1877)

Tempo de lectura: 3 min.

Desde épocas moi antigas, houbo intentos para desecar a lagoa de Antela, comezando polos romanos, pero non sería ata os anos 30 do século XIX cando tomarían máis impulso. Neste século hai proxectos que non son moi coñecidos, como o do enxeñeiro inglés John H. Stone, que ten presenza na Limia desde 1873 ata 1890.

Co licenciado Julián Toubes, corrixidor da vila de Xinzo de Limia, comezaron uns labores de desecación que non concluirían ata moito máis tarde. Despois del, os irmáns Mugártegui e Toribio Iscar conseguiron unha concesión para desaugala e sucesivas prórrogas ata 1874. En 1868 teñen que frear os labores pola tenaz oposición dalgúns veciños de Sandiás, que maltrataron ao enxeñeiro Ángel del Monte.

En 1873 retómanse as obras co enxeñeiro inglés John H. Stone. Este vai correr similar sorte que o seu predecesor, e será ameazado polos veciños da Forxa (Porqueira) e, como recolle a prensa da época, ““salvado del linchamiento por su prudencia y la ayuda de sus acompañantes”. En Xinzo, ameazaron ao propietario da casa na que vivía de alugueiro con prenderlle lume a esta se non o botaba. Nestas circunstancias faleceron catro amotinados. Hai que ter en conta que este ano foi turbulento na Limia debido ás partidas carlistas.

A pesar de todo, Stone non se amedrentou e os concesionarios transfírenlle todos os seus dereitos para a desecación, xunto ao seu socio Richard Henry Freeman, a finais de 1874.

A Lagoa de Antela antes de ser desecada completamente / Sociedade Galega de Historia Natural

As peripecias de Stone en Xinzo

Un artigo publicado o 20 de xaneiro de 1876 en “El Diario de Santiago”, escrito en ton eloxioso, dános as claves para coñecer este singular personaxe e os seus obxectivos na Limia:

“Ha llegado ayer a esta ciudad, de paso para La Coruña, el Sr. D. Juan H. Stone, después de haber realizado en Lisboa un empréstito de diez millones de reales para sanear y cultivar los cien mil ferrados de extensión que contiene la célebre laguna de Antela (Limia) de la cual es concesionario a perpetuidad.

No nos extraña este asombroso y felicísimo esfuerzo de un hombre que, como el aludido, ha llevado a efecto el primer contrato formal del primer ferrocarril de Galicia, que traspasó después al hijo de su antiguo amigo y jefe, Mr. Jorge Mould.

Al Sr. Stone se debe también el haberse exportado para Inglaterra por el puerto de La Coruña, no ha mucho tiempo, los miles de bueyes que se destinaban al abastecimiento del ejército de aquella nación con cuyo Gobierno los tenía contratado, y cuya exportación contribuyó al alza en los precios del ganado vacuno, proporcionando pingües ganancias a los labradores de esta desgraciada provincia.

Debemos también consignar que el señor Stone piensa poner en práctica en su espléndida posesión de Guinzo [sic], el cultivo de la remolacha para cebamento [sic] del ganado y fabricación del azúcar en grande escala, viniendo a realizar una de las más grandes revoluciones agrícolas que se han hecho en Galicia.

Sus conocimientos como agrónomo los plasmaría en 1877 con la publicación del libro: “Modo de obtener de 500 a 1.000 reales por ferrado de tierra”.

O panorama era prometedor, a pesar da oposición de moitos veciños da Limia. Pero non todo era de color de rosas como veremos.

 

Para saber máis:

MARTÍNEZ CERREDELO, Edelmiro, Historia de Xinzo de Limia, Xinzo de Limia (Ourense), 2012

http://www.sghn.org/seccion_antela/castelan/siglos_xviii-XIX.htm

 

Do medio colaborador vialehtes.es

Escrito por

Historiador e director da web vialethes.es

Pode que che interese...