fbpx
Torre do Castro en Sandiás / foto Albert Porta i DinarèsCCBy wikimedia

A Xunta rehabilitará dúas das seis grandes torres que defendían á Limia

Tempo de lectura: 2 min.

A Torre do Castro, en Sandiás, e da Torre de Fírbeda ou da Forxa, na Porqueira serán rehabilitadas. Así anunciaba o pasado día 27 a Consellería de Cultura coa intención de intervir sobre estes dous monumentos declarados Ben de Interese Cultural. Trátase de “avaliar as posibles deficiencias, corrixir as patoloxías existentes e mellorar o estado de conservación”, para o que se investirán preto de 160.000 euros.

Torre do Castro en Sandiás / foto Albert Porta i DinarèsCCBy wikimedia

“No caso concreto da Torre do Castro as actuacións contan cun orzamento de 80.000 euros e centraranse no estado actual da cuberta onde é preciso intervir co obxectivo de que este ben poida ser empregado como recurso para a zona”. Quérese tamén limpar tamén a vexetación dos muros e da cuberta con herbicida e actuar sobre a cantería rexuntando as pedras.

A Torre de Fírbeda ou da Forxa “presenta patoloxías tanto na cuberta como na carpintería ou nas instalacións que fan necesario que se leven a cabo traballos por un importe de preto de 77.000 euros”. A torre, dividida nun soto e catro andares, precisa de reparacións na cuberta cun novo illamento térmico, substitución da carpintería de madeira, así como da instalación dun pararraios e nova iluminación LED.

As torres que na Idade Media defenderon a lagoa de Antela

Torre da Forxa / foto La fabrica de nubesCCby Wikimedia

A Torre do castro e da Fírbeda foron construídas entre os séculos XI e XII co obxectivo de impedir os intentos de invasión procedentes de Portugal así como de controlar a lagoa da Antela. Ambas forman parte dunha rede de defensas da zona de maior fertilizade do val da Limia. Dela formaban parte a Torre de Pena, Torre do Castro, Torre de Porqueira e Torre de Celme mais tamén a Torre de Xinzo e a de Ganade.

As torres foros escenario das guerras fronteirizas entre o rei Alfonso VII e o rei Alfonso I de Portugal que loitaban pola posesión do condado de Limia. Tamén viron o ataque do duque de Láncaster, sufriron as revoltas irmandiñas e no século XVIII foron punto de concentración de tropas na guerra contra Portugal. Son ademais unha icona da paisaxe da Limia.

Torre do Castro en Sandiás dende Antela / foto Albert Porta i DinarèsCCBy wikimedia

Pode que che interese...