fbpx
Hai teorías que apuntan a que os celtas xurdiron en África /canariastv

Os celtas viñeron de África?

Tempo de lectura: 6 min.

 Este artículo foi remitido por Marcos Castro Vilas,  arquitecto, historiador e investigador

 

Se entendemos por celtas aos habitantes das partes máis occidentais de Europa, entón, o fundamental do substrato celta procede do norte de África e non do norte de Europa.

Segundo o narrador latino Rufo Festo Avieno, os celtas ocupaban as marxes atlánticas europeas dende as columnas de Hércules cara o norte. Para os romanos, os celtas eran os habitantes máis aló dos Alpes, os chamados galos, diferenciándoos claramente do mundo mediterráneo. Na actualidade enténdense por celtas as culturas centroeuropeas de Hallstatt e de La Tène, e aínda que hai unha forte compoñente centroeuropea na cultura celta, sobre todo a nivel lingüístico, os celtas eran os africanos do continente europeo.

Por volta do ano 6.000 a.C a desecación do Sáhara provocou unha forte migración cara ó norte de Europa de persoas procedentes do norte de África, especialmente ao longo da costa, dende Portugal ata Escocia. Estas xentes norteafricanas eran portadoras de xenes, casas, vacas e unha novidosa cultura.

Por exemplo, eran portadoras do haplogrupo M81 de orixe norteafricana e que alcanza as máximas frecuencias na metade occidental da península ibérica, sobre todo, en Portugal, Galicia, Extremadura ou León. Tamén está moi presente nos pasiegos cántabros (40%), e non ten nada que ver con repoboacións posteriores de mouriscos trala Reconquista.

Posible distribución da poboación do norte de África / Europedia

 “Black irish phenotype”

Este aporte xenético norteafricano chegou ata Irlanda, Gales e Inglaterra. Son os chamados “black irish phenotype”, individuos de cabelos escuros, negro azulado, como poden ser o cantante Brian Kennedy, o actor Pierce Brosnan, as actrices Catherine Zeta-Jones e Courteney Cox, o actor Peter Gallagher, a cantante Dolores O’Riordan, Andrea Corrs ou o político americano de orixe irlandesa Paul Ryan.

Se tivésemos que definir un modelo racial galaico sería un individuo loiro, de ollos claros e xenes norteafricanos, froito do choque de Europa e África en terras galegas. A partir de aquí tódalas variantes posibles, dende individuos moi mouros de cabelos negros e azulados ata individuos loiros de clara influencia do norte de Europa.

As vivendas dos celtas occidentais eran redondas, de manifesta influencia africana, frente as vivendas dos celtas de Centroeuropa, que eran de forma rectangular, propias da cultura Hallstatt e La Tène.

A raíz KEL é unha raíz moi antiga que significa xirar, tornar ou redondo (palabras como colar ou colo teñen esta orixe). De aí vén a palabra Keltoi, aqueles que habitaban o ocaso, o occidente de Europa e construían as súas casas de maneira circular, frente as formas rectangulares dos celtas da Centroeuropa.

Estes pobos do norte de África tamén trouxeron a agricultura e a gandería. Con eles comezarían as prácticas neolíticas. E con eles chegaron as vacas.

 Vacas diferentes

Ao igual que ocorre coas persoas, dentro do mundo bovino podemos distinguir vacas de orixe norteafricana (haplogrupo T1a), sobre todo ó longo das costas occidentais de Europa, como poden ser a raza maronesa en Portugal, a raza cachena en Galicia, a raza jersey en Francia, a raza white en Inglaterra ou a raza highlands en Escocia. Eran vacas de menor porte e capa de cor rubia. Pola contra, as vacas da Centroeuropa eran portadoras do haplogrupo T3, eran vacas de maior tamaño e capa negra ou escura como por exemplo as frisonas alemás na actualidade.

Os pobos do norte de África eran portadores dunha importante cultura. Atesouraban avanzados coñecementos cosmográficos procedentes da actual Mauritania. Sabían da existencia de terras máis aló do océano Atlántico, preto de Senegal, e seduciron á poboación local coa inmortalidade no máis alá. A construción de dolmens e megalitos simbolizan estes coñecementos cosmográficos e relixiosos. De feito, moitos dolmens chámanse na actualidade “casas de mouros”.

Os petroglifos en forma de labirinto tamén teñén unha orixe oriental-africana. Son coils e representan as cosmogonías primixenias a partir das cales se inicia o relato da creación, como un precedente da escritura. Os míticos druidas celtas son herdeiros de todo este saber esotérico.

Imaxe idealizada dos celtas

Linguas

En torno ó ano 2.000 a.C chegaron as linguas indoeuropeas a península ibérica procedentes de Europa. A existencia do substrato norteafricano axudou a diferenciar as linguas celtas occidentais. A súa sonoridade pervive na actualidade en linguas coma o portugués, o galego, o francés ou o inglés. O substrato norteafricano perdurou á chegada das linguas indoeuropeas dende Europa e configurou as linguas celtas occidentais. Sail é navegar en Reino Unido e silel é navegar en Marrocos.

Para os romanos os celtas habitaban o outro lado dos Alpes, en contraposición co mundo mediterráneo. Os celtas eran os pobos da Europa húmida, boscosa e atlántica. Hoxe en día sabemos que había celtas da cultura Hallstatt e La Tène, celtoescitas ou gálatas, claramente centroeuropeos, e por outra banda, estaban os celtas da marxe atlántica europea posuidores dun forte substrato africano que os diferenciaba dos celtas centroeuropeos. Os celtas atlánticos son os africanos do continente europeo e a súa influencia esténdese dende Portugal ata Escocia, ao longo da costa atlántica europea. Dende Senegal ata Escocia esténdese o mundo atlántico, o mundo celta.

 

Bibliografía

– López Pérez, Juan Antonio. Los celtas en la literatura griega de los siglos VI-I a.C (PDF)

– Carlos Núñez (pai) ,”Vigo metropolitano na Galicia céltica”

– Jorge Ginja, Caterina. Influencia das razas bovinas ibéricas na estrutura das populaçoes de bovinos Crioulos da América Latina. Universidade Técnica de Lisboa. Tese de doutoramento. Tabla 3.4. (PDF)

– Battles, Jan. The Irish are not celtics, say experts. The Times (2004)

– Wikipedia. Entrada “Pasiego”

– Wikipedia en inglés. Entrada “Irish people>Black Irish”

– Owlcation Portal. Blood of the Irish: What DNA tells us about the Ancestry of People in Ireland.

Mapa da primeira Edade do Bronce

NOTA aclaratoria do autor  a petición da redacción de HdG: Na actualidade se asocia o celta coa cultura Hallstatt e La Tène, unha cultura centroeuropea con influencia do Oeste de Europa pero sobre todo influenciada polo Este de Europa, os celtas da cultura Hallstatt e La Tène serían, en todo caso, os celtoescitas ou gálatas dos que falan os narradores latinos. Pero para esos mesmos narradores latinos ou gregos, os celtas serían os habitantes dos confíns da Europa occidental. Aínda que pareza explosivo mezclar cronolóxicamente dolmens, petroglifos, linguas romances etc… simplemente quero expresar que “o celta” é o resultado final de todas esas influencias e decantacións e todas teñen a súa orixe cultural en África.

Simplificando un pouco, partindo dunha poboación orixinal e homoxénea paleolítica de haplogrupo R1b semellante ós vascos que ocupaba todo o occidente de Europa e tamén de África, o principal episodio de diferenciación do occidente de Europa tivo lugar coa chegada de xentes do Norte de África durante o Neolítico, agora contaminadas con xenes mouros (haplogrupo M81). Ese é o principal substrato do occidente de Europa, onde se iniciou a diferenciación das partes occidentais de Europa. O occidente de Europa está marcado pola influencia de África, foi unha constante ó longo da historia. No xacemento do Paleolítico Medio do Cabrón en Salvaterra hai nas ferramentas atopadas unha clara influencia africana, tamén nos restos fósiles de Atapuerca hai rasgos procedentes de Centroeuropa próximos o homo Neandertal ou homo Heidelbergensis pero tamén hai rasgos africanos claramente modernos. Aínda que lle doa a racista Europa, a modernidade viña de África e entraba por Galicia. Aínda que pareza exótico falar de xenética vacuna, eses estudos de Caterina Ginja son o último en investigación xenética e o igual que as persoas, nas vacas vense rasgos norteafricanos nas costas occidentais de Europa e rasgos centroeuropeos nas vacas de Centroeuropa, vaia a redundancia. Nas linguas ocorre o mesmo e a sonoridade do portugués, do francés, do inglés ten as súas orixes nese substrato norteafricano. Aínda que son linguas romances xurdidas do latín, esas linguas explícanse en moitos casos por manter unha sonoridade autóctona herdadada das linguas célticas occidentais, que a igual que pasou co latín,asimesmo, as linguas célticas occidentais xorden por manter tamén unha sonoridade ou un substrato norteafricano trala chegada das linguas indoeuropeas. Os historiadores intentan complexizar todo con culturas e con cronoloxías estancas e compartimentadas pero á larga a Historia comprímese e é moito máis sinxela (o igual que pasa coas abellas galegas que a metade son africanas e a outra metade son europeas) en Galicia, e nas costas occidentais de Europa, tivo lugar o choque de África e de Europa. O que pasa é que a todos nos gosta dicir que os galegos somos europeos e celtas ¿europeo=celta?, e África non existe, o famoso mito do loiro europeo, pero durante o Paleolítico Final, o norte de África e Europa eran unha unidade xenéticamente falando máis ou menos homoxenea, Europa non existía como tal, era unha prologación norteña e fría do fértil, rico e moderno deserto do Sahara.

Resumindo… Que os chamados celtas da cultura Hallstatt e La Tène serían, en todo caso, celtoescitas, herdeiros das culturas de Unetice e da Cerámica cordada procedentes de Centroeuropa e as estepas pero os xenuinos celtas, os habitantes dos confíns de Occidente segundo gregos e romanos, son herdeiros das culturas Megalíticas Atlánticas, e esas culturas teñen unha orixe norteafricana e atlántica.

Co artigo simplemente pretendo cuestionar a relación entre o común de celta=Europa e establecer unha relación novidosa para o común de celta=África.

 

Pode que che interese...