fbpx
Castro atopado no encoro de Cecebre, na Coruña / David F. Abella

Descuberto outro castro nunha illa do encoro de Cecebre semellante á illa de Castro Candaz

Tempo de lectura: 2 min.

A illa do castro, no encoro de Cecebre

Cuando estábamos comenzando a prospectar en Betanzos, por Cecebre, me dice un compañero: “Oye, ¿Sabes que hay un castro en medio del embalse?. Efectivamente, ¡No solo aparece bastante claro en la morfología del terreno, sino que hasta en el  topográfico del Instituto de Estudos do Territorio lo tenía marcado! (¡¿Quien demonios hace estas cosas?!)”, Así comeza un post no seu blog persoal o investigador e arqueólogo David Fernández Abella.

O castro en concreto está no encoro de Cecebre e, pertencía, orixinalmente, antes de que quedara asolagado, á parroquia de San Martiño de Orto, en Abegondo. Pero todos os terreos do encoro son, agora, propiedade do Concello da Coruña. Este poboado castreño sería o terceiro deste concello, sen ter en conta aqueles que desapareceron, como tamén desapareceu o enigmático e enorme poboado que acabou debaixo das obras do Porto Exterior da Coruña, este en Arteixo, cuxa triste historia xa relatamos en HdG.

Este novo poboado, que non aparece catalogado, formaría agora unha illa como é o caso de Castro Candaz, o archifamoso castro de Chantada, do que tamén falou HdG, e que chegou a converterse en trending topic hai uns meses e obrigou ao concello a limitar o paso dos turistas. Del só sobresae a parte superior, deixando observar, os parapetos e a croa.

Moi preto deste castro, a un quilómetro de distancia, pero xa en terra firme, existe outro castro. Trátase do castro de Orto que figura no planeamento urbanístico do Concello de Abegondo e, polo tanto, protexido.

Co Lidar pódese ver o releve do castro que se atopa nunha illa do Castro de Cecebre, na Coruña / Elixio Vieites

Pode que che interese...