fbpx
Lenin fala ante o pobo en outubro de 1917. Comezaba a revolución de outubro ou revolución rusa

Que supuxo para o mundo a revolución rusa de hai 100 anos?

Tempo de lectura: < 1 min.

Hai cen anos, unha revolta que comezou en Rusia, acabaría cambiando o curso da Historia. E, precisamente, para lembrar as consecuencias desa revolta bolchevique ps grupos de investigación da USC, SÍNCRISIS, HISTAGRA (BETA +) e Historia do Cine organizan un ciclo de conferencias e proxeccións de cine “CENTENARIO DA(S) REVOLUCIÓN(S) RUSA(S). Un debate histórico”.

O que pretendemos é achegar aos estudantes de historia, profesores de ensino secundario e público en xeral a análise dun acontecemento central do s. XX, a revolución rusa”, apuntan nun comunicado.

O obxectivo é coñecer o acontecemento e a análise do seu valor histórico fronte á teleoloxía e o determinismo, en contraste coa arraigada análise estruturalista, que existe sobre este período histórico. “O mito e a historia dun acontecemento: A construción do pasado, desde o nesgo ideolóxico e o nesgo militante á alteridade profesionalizante nun permanente xogo de espellos”, suliñan.

O ciclo contará con seis sesións de tres horas de duración onde o audiovisual e o debate son as liñas esenciais das sesións, xa que están pensadas para profesionais do ensino en ciencias sociais, o que significa que se parte dun coñecemento previo amplo. Comenzará o 18 de outubro, ata o 29 de novembro e terá lugar na tarde dos mércores, de 19 a 22.00 horas. Será no Paraninfo de Xeografía e Historia. Os interesados teñen que escribir á Secretaría do departamento de Historia ao mail departamento.historia@usc.es

Pode que che interese...