fbpx
O debuxante Siro López doa varios debuxos ao Museo Provincial de Lugo / Deputaión de Lugo

O debuxante Siro doa tres obras da súa colección ao Museo Provincial de Lugo

Tempo de lectura: 2 min.

O debuxante Siro López doou tres obras da súa colección ao Museo Provincial de Lugo que xa forman parte do catalogo de pezas do Museo. As doazóns son tres retratos realizados en tempera de persoeiros moi coñecidos lucenses como son Paco Pestana, Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro.

A deputada de Cultura, Pilar García Porto, agradeceu a implicación e a xenerosidade de Siro con todos os lucenses, coa doazón destas pezas. “Para nós é unha honra e un orgullo que os museos da Rede Museística da Deputación poidan exhibir pezas dun dos mellores artistas galegos. O seu traballo ao longo de todos estes anos é un verdadeiro agasallo para a nosa cultura, e para todos os galegos”.

As doazóns que realizou Siro aos fondos provinciais son tres retratos realizados en tempera de persoeiros moi coñecidos lucenses como son Paco Pestana, Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro. O retrato de Paco Pestana, escultor nado en Castroverde no 1949 que xa expuxo en museos de todo mundo, esta realizado en témpera sobre papel, 41 x 29 cm. O retrato de Celestino Fernández de la Vega, outra témpera sobre papel, 62 x 45 cm., é unha das figuras mais importantes do galeguismo; e por último o referente da xeneración Galaxia, Ramón Piñeiro, outra tempera de 73,5 x 54.

Autor dunha extensa obra gráficaç

Siro López Lorenzo, nado en Ferrol en 1943, é un polifacético artista cunha actividade que abrangue a caricatura, a ilustración, a pintura e o deseño, ademais da súa faceta como escritor. De formación autodidacta (de cativo, pintar e debuxar era o que máis lle gustaba facer) dáse a coñecer, en 1970, na revista Chan, da man de Borobó. Neste mesmo ano, por iniciativa de Xaime López e apadriñado por Miguel González, fai a súa primeira exposición no antigo local de “Toxos e Froles” de Ferrol, mostra que tivo un enorme éxito. Siro non se limitou á caricatura e ao humorismo gráfico, senón que, como bo artista que é, foi ampliando os seus horizontes artísticos para incluír a paisaxe e o retrato e, máis recentemente, o debuxo con Ipad. Ademais, xunto con Xaquín Marín impulsou un manifesto en defensa do humor, do que naceu a idea do que hoxe é o Museo do Humor de Fene.

Pode que che interese...