fbpx
Un soldado medieval nunha ficción / foto DevanathCC0

Debemos os historiadores estar en Bloodborne ou Assasin Creed?

Tempo de lectura: 3 min.

Isabel, O nome da Rosa, Excalibur, Bloodborne, Assasin Creed, Xogo de Tronos, todos estes son universos imaxinados por grandes creadores e importantes equipos que, máis alá dos seus desenvolvementos argumentais, teñen un aspecto en común, estar orientados nun tempo concreto, a Idade Media. Mais se estes universos transcorren nun tempo concreto, non debería estar os seus creadores e os seus desenvolvedores orientados por profesionais nesta materia? non deberían ser historiadores e historiadoras e historiadores e historiadoras da arte os que tomen parte no asesoramento deste importante proceso creativo?

Esta mesma pregunta é a que se fixeron un grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela durante o  I Congreso Internacional “La historia en el ámbito educativo”, celebrado esta pasada semana na Universidad de Granada. Trátase de Marta Cendón, David Chao e Javier Castiñeiras, do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago. Investigadores todos eles da Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares e profesionais destacados dunha das áreas máis importantes da nosa universidade.

Un monxe nunha ficción / cocoparisienneCCO

É por isto que nun congreso adicado á innovación educativa, os membros deste Departamento decidiron poñer o foco na función actual destes profesionais. Analizaron así as recreacións da arte da Idade Media en diversos medios audiovisuais como o cine, a televisión ou os videoxogos, e comentaron o papel que estes universos creados están a ter na actualidade. En opinión de Javier Castiñeiras, “o papel do historiador da arte resulta transcendental á hora de elaborar este tipo de produtos culturais nos que o Medievo é o marco elixido para a trama. Corresponde a esta disciplina o labor de xerar universos verosímiles, xa sexan reais ou imaxinados”.

Os videoxogos e a televisión están a desempeñar un protagonismo fundamental na actualidade do mesmo xeito que no seu día o fixeran o cine ou a literatura. Hoxe en día, e de xeito xeral, non se conta con historiadores e historiadoras e historiadores e historiadoras da arte á hora de desenvolver estes importantes produtos culturais. Porén, para eles, destacan aqueles produtos centrados en recreacións fieis da Idade Media e nos que si se contou cos estes profesionais como asesores. Series como Isabel ou filmes como O nome da rosa ou Excalibur e videoxogos como Bloodborne ou a saga Assasins Creed, non so se nota a presencia destes profesionais no rigor das series senón tamén na súa calidade e verosimilitude.

Fantasía medieval / foto PapafoxCC0

Isto “ademais axuda a abrir novas vías de inserción laboral alternativas para os graduados en Historia da Arte”, que demostren as potencialidades dos profesionais por excelencia do ámbito da cultura. Pois este era o tema central do congreso, a innovación educativa, as novas metodoloxías de investigación, a análise dos procesos históricos de ensino-aprendizaxe e os materiais e recursos e contornos dixitais. Tratábase dun espazo de reflexión e debate sobre procesos en marcha no ámbito da ensinanza e da innovación e da investigación no campo da Historia. Nel se destacaron tamén proxectos como a docencia na era dixital baseada nos novos medios. Nesta liña afirmaba Castiñeiras que, “a pesar de que se están empezando a romper as barreiras, o seu uso aínda resulta moi minoritario no eido educativo”.

Marta Cendón, David Chao e Javier Castiñeiras, do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...