Así capitulou Vimianzo ante os Irmandiños
En 1467 as tropas dos Irmandiños asaltaban o castelo de Vimianzo. Derrubaban por completo o castelo ata os alicerces e liberaban a todos os habitantes das terras da xurisdición, repartidas entre os concellos de Camariñas, Laxe, Zas, Muxía e o propio Vimianzo, do terror da xustiza feudal. Mais tarde a irmandade foi derrotada e os labregos obrigados a reconstruír o castelo pedra por pedra. Mais as xentes de Vimianzo non esquecen a heroica batalla e, 551 anos despois daquela Guerra Irmandiña, volveron a asaltar lúdicamente o monumental castelo.
E é que ó longo de toda a semana pasada, a vila de Vimianzo urdiu erguerse contra os seus señores. Dende o martes 3 de xullo houbo obradoiros medievais para os cativos, mostra de artesanía ó vivo e visitas guiadas no castelo, pinchos irmandiños nos locais da vila, foliadas, espazos artísticos e representacións teatrais. Celebrouse unha Cea Medieval no foxo e esconxuro da queimada, concertos folk como o de Ialma e rock como Inmaculate Fools, Amparanoia, e Terburalina. Mais á noite do sábado as as xentes da vila, con paus, apeiros de labranza e fachos asaltaron o castelo e queimaron as súas torres, iso si, en medio de reivindicacións igualdade, liberdade social e feminismo. As festas remataron xa con día coa dramatización de Os Quinquilláns.
- Pendóns dos Moscoso pendurados do castelo antes do asalto / foto HdG
- Grupo de labregos escoitando o son da gaita polas rúas de Vimianzo / foto HdG
- Portando un tamboril / foto HdG
- Algúns postos de artesanía / foto HdG
- Tras os postos as bandeiras engalanaban a vila / / foto HdG
- Algúns vilegos protexéndose do sol de xullo antes do asalto / foto HdG
- Queixos e embutidos artesanais para coller folgos antes do asalto / foto HdG
- A nobreza mésclase cos campesiños na festa / foto HdG
- Os vilegos desfrutan da xornada antes da confrontación / foto HdG
- Rapaces á agarda do asalto nocturno / foto HdG
- As rúas da vila enchidas de xente / foto HdG
- Encontros / foto HdG
- Gaiteiros e gaiteiras / foto HdG
- Posto de percusión tradicional / foto HdG
- Os pinchos irmandiños un dos atractivos da festa / foto HdG
- Pendóns ameazando o castelo / foto HdG
- Recinto para os concertos, moi preto do castelo / foto HdG
- O sol de xullo baixo os muros do castel, no foxo / foto HdG
- O sol de xullo no patio de armas / foto HdG
- O castelo, á noite, agardando ser asaltado foto HdG
- Os Irmandiños tratando de derrubar as portas da fortaleza Os vilegos desfrutan da xornada antes da confrontación / foto HdG/ foto HdG
- Toda a vila de Vimianzo cos Irmandiños / foto HdG
- A vila non pode conter a carraxe/ foto HdG
- Derrubar os muros dun castelo nunca foi doado / foto HdG
- Mulleres no asalto ao castelo de Vimianzo / foto HdG
- Os fachos cos que se iluminou a noite da vila / foto HdG
- As xentes do común da vila no asalto / foto HdG
- Os fachos ó pé das murallas / foto HdG
- E por fin arden os muros do castelo / foto HdG
- O fume da conta da victoria / foto HdG
- Actuación de Os Quinquilláns no patio de armas / foto HdG
- Os Mariño toman o nome dunha serea / foto HdG
- O meiriño do castelo, segundo Os Quinquilláns / foto HdG
- O castelo non cederá o poder tan facilmente / foto HdG