fbpx
Carballos centenarios xa cortados / foto X. Costa

Denuncian a corta dunha carballeira centenaria que pertencía ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil

Tempo de lectura: < 1 min.

Lugar onde tivo lugar a corta dunha carballeira centenaria, no mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil

Denuncian que carballos centenarios que pertencían ao entorno do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil, declarado BIC, foron cortados nos últimos días.

No lugar coñecido como Tapada dos Frades, a carón do mosteiro, no concello de Nogueira de Ramuín, cortouse unha carballeira centenaria o que provocou o derrube, tamén, de parte dos muros dos eidos que forón propiedade do mosteiro.

Esta corta de madeira ten lugar na contorna dun dos monumentos máis importantes da Ribeira Sacra e monumento que tamén acolle un dos paradores de turismo de referencia a nivel estatal. “Estamos elaborando informes-denuncia por este enésimo atentado diante dos organismos públicos”, apunta X. Santos.

Corta dunha carballeira centenaria no entorno do mosteiro de santo Estevo de Ribas do Sil / X. Santos