fbpx
Maquinaria pesada arrasou cunha mámoa en Friol mentres recollía madeira / Xabier Moure

Operación Sepulcrum da Garda Civil: Investigadas catro persoas por destruir unha mámoa de 6.000 anos e danar outras dúas

Tempo de lectura: < 1 min.

Axentes do Equipo de Seprona de Ourense investigaron a catro persoas por delito sobre o patrimonio histórico por causar danos cunhas obras en tumbas neolíticas no municipio do Irixo (Ourense), catalogadas como ben cultural.

Segundo informou o Instituto Armado, no marco da ‘Operación Sepulcrum’ o equipo de Seprona da Comandancia da Garda Civil de Ourense iniciou unha investigación tras recibir denuncia efectuada por representante da Asociación cultural e ambiental Mámoa Verde Patrimonio, que puxo en coñecemento danos en tres mámoas situadas na parroquia de Santa Mariña de Loureiro, no Irixo.

Lugar da Bugalleira, no Irixo, onde foron afectadas varias mámoas por unha plantación

Unha das mámoas quedou arrasada por completo,  mentres, as outras dúas “foron afectadas parcialmente por maquinaria usada para unha plantación de piñeiros”. O Instituto Armado indica que “non consta ningún tipo de autorización” tanto do departamento de Patrimonio dependente da Consellería de Cultura, nin do Concello do Irixo.

Deste xeito, a Benemérita constata que as obras que deron lugar aos danos nas mámoas “foron promovidas pola Comunidade de Montes Veciñais en man Común de Loureiro, denominada CMVMC O Quinteiro, da que aparecen como responsables os tres integrantes da súa xunta reitora, así como un operario que manexaba a maquinaria utilizada nestes feitos”. Máis información en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...