fbpx
Mapa antigo de Galicia con topónimos
Mapa antigo de Galicia con topónimos

Galicia, o país dos 2 millóns de microtopónimos

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta e a RAG presentaron este venres ‘Galicia Nomeada‘, a nova aplicación que permite aos usuarios ver e rexistrar microtopónimos e que conta xa cun total de 478.000 dispoñibles. Aínda que o presidente da RAG, Víctor Freixanes, calcula que en total hai uns dous millóns.

O Seminario de Onomástica da Real Academia Galega foi o responsable do contido da plataforma e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) realizou a parte tecnolóxica. Para Vicente Ares Feijóo, coordinador do equipo técnico de toponimia da RAG, o obxectivo da ferramenta é que a xente engada topónimos, que despois serán validados polos especialistas. Ademais, a aplicación permite incluír unha explicación do nome, unha historia relacionada con el, vídeos e fotografías.

A ferramenta ten documentadas na aplicación fotografías aéreas desde os anos 50 que permiten visualizar como era a zona antes de que, por exemplo, se construira algún edificio, como no caso da Cidade da Cultura en Santiago. A ferramenta tamén ten a opción de que os usuarios suxiran cambios, tanto do nome como do lugar do topónimo, que tamén terán que ser validados polos especialistas.

Pode que che interese...