fbpx
Escudo dos Mariño de Lobeira na capella do Patrocinio de Rianxiño / CC0

Estudarán árbores xenealóxicas para coñecer a historia do poder medieval en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

O Goberno galego dedicará un montante de 150.000 euros en tres anos a un convenio co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para traballos de investigación histórica na área das peregrinacións e da historia social do poder en Galicia desde a Idade Media, que estarán a cargo do Instituto Pai Sarmiento.

O Consello da Xunta autorizou este venres a firma do convenio de colaboración entre o departamento de Cultura e Turismo e o CSIC para impulsar ambas as liñas de traballo na súa sede en Santiago. O obxectivo é ampliar o coñecemento científico dos bens patrimoniais situados en ámbitos xeográficos singulares polo seu valor cultural, especialmente no relativo ás peregrinacións xacobeas e ao Camiño de Santiago.

Así mesmo, realizaranse reconstrucións de carácter genealóxico para abordar a reconstrución da historia do poder, con repertorios documentais e coleccións patrimoniais que incluirán representacións heráldicas, monumentos funerarios ou arquitecturas señoriais. Estas iniciativas enmárcanse nos plans de conservación do patrimonio cultural e a aposta pola actualización de datos e de estudos respecto diso desta riqueza cultural e social.

Pode que che interese...