fbpx
Panel informativo nas mámoas de Montemuíño / fotoDasparrandas José L. CCBy wikiloc

Continúan os abusos das madeireiras no Son ó amorear madeira a un metro dunha das mámoas de Montemuíño

Tempo de lectura: 2 min.

Días despois da terrible desfeita no camiño de acceso ó castro de Baroña seguen os abusos das madeireiras sobre o patrimonio do mesmo concello de Porto do Son e da mesma parroquia de Baroña. Pos no día de onte, tal e como publicaba El Correo Gallego, apareceu unha gran moreira de madeira, procedente dunha tala, a un metro de distancia dunha das mámoas de Montemuíño, e o pé do cruceiro da Virxe do Leite.

Segundo a publicación o moreira estaría feita pola empresa Madeiras Fontán de Pontevedra, quedando en entredito se contaban ou non con licencia para facer este depósito. Segundo a empresa sería a comunidade de montes quen lle permitíu depositalos alí a condición de deixar o lugar limpo. Porén esta negou ó medio ter concedido autorización algunha á empresa. Polo momento descoñécense os danos.

Críticas do BNG

Dende a publicación se recollen as reaccións do alcalde Luis Oujo Pouso, quen advertiu que “non vamos a tolerar nin un abuso máis das madeireiras”. Tamén que “se está a ultimar un o borrador dunha ordenanza municipal para regular estas actuacións”.

Porén o portavoz do grupo municipal do BNG en Porto do Son, Balbino González, solicitou “que se diriman responsabilidades polo acontecido no castro” e da que o alcalde “tivo coñecemento o pasado venres 17 de abril, e non actuou ata a tarde do día 20” a pesares de “ser sabedor de que é deber da administración local poñer en coñecemento da Consellería” os destrozos.

Pode que che interese...